1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

descargaGaliza - Sermos Galiza - O comité de empresa do ente público presentou 345 sinaturas perante as catro forzas políticas con representación parlamentar reclamando a creación dun Estatuto profesional e dun Consello de informativos que velen pola imparcialidade e a veracidade das novas que se emiten na televisión e na radio galegas


Máis do 60% d@s traballador@s da CRTVG denuncian manipulación informativa. Así o sinala un comunicado enviado á imprensa polo comité de empresa do ente público en que dan conta das 345 sinaturas que veñen de presentar perante as catro formacións políticas con representación parlamentaria (BNG, AGE, PSdG e PPdG) con que reclaman a creación do Estatuto profesional que estabelece o artigo 36 da Lei 9/2011, de 9 de novembro. A mesma norma contempla tamén a creación dun Consello de informativos, onde terían voz @s traballador@s.

Así as cousas, o comité de empresa lembra a necesidade dunha televisión e dunha radio públicas ao servizo da cidadanía e sinalan que "a mellor ferramenta" para garantir a veracidade informativa é "aplicar a norma en vigor". Os dous organismos estarían focados a velar pola imparcialidade e a calidade das informacións que se emiten a través da radio e da televisión nacionais.

Fronte a estas dúas cualidades, seis de cada dez xornalistas da CRTVG denuncian as prácticas de manipulación a que fican submetidas as novas, sobre todo e tal e como fixeron público nos últimos meses, aquelas relacionadas cos casos de corrupción política --minimizando o impacto cando @s imputad@s son do PPdG e incrementándoo cando son doutras formacións políticas-- e as mobilizacións masivas que se están a producir contra as políticas conservadoras emprendidas tanto desde a Galiza como desde Madrid.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.