1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

260810_monterreiGaliza - Loita Popular - [Martín Naya] Á filosofia marxista-o materialismo dialéctico- ten duas caracteristicas destacabeis. Unha é seu caracter de clase: afirma explicitamente que o materialsimo dialéctico sirve ao proletariado. A outra é seu carácter práctico; suliña sua dependencia da teoria respecto a practica. (Mao Tse Tung. Sobre a Práctica.)


As diversas clases opresoras teñen plantexado, ao longo da historia, ó ideario dos seus intereses como universais mais todas sempre teñen negado e combatido á existencia da verdade obxetiva.

A base filisofica do idealismo vai da negación da mesma existencia, tese do Obispo Berkeley ao relativismo agnostico, hai moitas verdades e polo mesmo, no hai una verdade obxetiva.

Estas insidiosas ideas reaccionarias presentanse como eixo da manipulación dos acontecimentos, de todo tipo, e como bos sofistas, teñen parte da verdade (nas teorias contemporaneas de falseamento da verdade parte-se sempre de medias verdades para consolidar a suas patrañas).

A realidade obxetiva conten, como nos ensina a dialectica materialista, centos de contradiccions mais, tamen nos ensina, que unha de elas é a chave, a que da seu caracter de obxetiva verdade, dos feitos. É a base do método cientifico, por moito que empeñense moitos en presenta-lo como simple empirismo.

Gracias ao materialismo dialectico, desemvolto por Marx, Engels, Lenin, Stalin e Mao, a ciencia é a tecnoloxia atopou un pensamento que permitio liberarse da maxia eo relativismo agnostico. Dende sua composición, ben sexan materiais ou sociedades humans ou animais, a loita das contradiccions presentanse como asimetrica e polo mesmo unha de las é principal é determina sua forma historica (no tempo).

Hai compañeiros e compañeiras que niegan-se a estudar o Materialsimo Dialectico e gostan de estudar autores nacionalistas do seculo dezanove, Murguia, Risco.. Esto levas-lle a ter unha visión maxica ou idealista da nosa sociedade. Asumen como revolucionarias as visións dunha Galiza camponesa ideal enraizada na Idade Media.

Non pretendo negar o caracter liberador, mesmo anti-feudal da revolta hirmandiña, mais a nosa sociedade non parece-se en nada e é unha verdade obxetiva, que non pode-se transformar a realidade dende fantasias romanticas.

Hai compañeiros e compañeiras que non teñen rachado como de pensamento burgues, que nega a realidade obxetiva, e pensan que sua Galiza "idealizada" é a verdadeira. Moitos de elas e eles esquencen á loita de clases, como siñala acertadamente nun artigo do profesor Domingos Garcia Fernandes recollido en Loita Popular.

Mesmo desprezan o ESTUDO DA FILOSOFIA PROLETARIA mentras enchen seus escritos de palabreria ezquerdista.

A nosa organización, o MpB, non ten resolto esta importante cuestión; a formación dos militantes. Nos ultimos documentos do II Plenario apenas tratan esta cuestión. Temos que rectificar este nocivo estilo ecleptico, heredeiro do oportunismo revisionista da UPG.

O Estudo é a base da comprensión da realidade como a practica da teoria. Temos que reflexionar seriamente sobre esto pois o liberalismo nesta cuestión basica só pode levar a repetir erros oportunistas.

A Coruña, Agosto do 2010.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.