1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

25j15Galiza - Ideias - [Dionisio Pereira] Logo do éxito que a fraternal mobilización do 25 Xullo acadou, son lóxicos os chamados a unha avinza entre as forzas nacionalistas e de esquerdas para derrotar o PP e comezar unha engaiolante xeira colectiva na Galiza e no Estado español, caracterizada polo protagonismo popular.


Sen entrar agora nos lindes que definirían a hipotética alianza, si quixera constatar dúas circunstancias que, segundo a miña opinión, poderían limitar e deturpar o alcance deste apaixonante tempo político, máxime se operan na mesma dirección. En primeiro lugar, semella que a grande maioría dos emprazamentos se fan en chave electoral, e, por conseguinte, cunha boa dose de inmediatez e posibilismo, sen atender outros movementos de onda longa. En segundo lugar, nalgúns ambientes existe unha certa tendencia a contrapoñer a xente organizada en colectivos máis ou menos insubmisos aos poderes fácticos á xente do común, como se uns e outros non tivesen puntos de encontro e aspiracións compartidas a tempo parcial ou a tempo completo.

Noutra entrega a Ideas.gal escribía que, na Galiza, agora máis que nunca habería «que se dirixir a un espectro social máis amplo e diverso, mediante iniciativas engaiolantes e compartilladas que,..., nos reconvertan en nós mesmos/as». Explícome: o que nos fixo chegar ata aquí, a ser un pobo que con moitas eivas e dificultades conservou un devalar propio, foi unha correntada de conciencia colectiva que puido superar derrotas traumáticas (o Medulio, a creba Irmandiña, a desfeita de 1846, a traxedia de 1936, a inocua mistificación de 1978/81...) resistindo a humillación e o menosprezo autóctono. Esa conciencia colectiva, que tan só se manifesta de maneira parcial nos procesos electorais, (re)xorde de maneira súbita e procura en cada intre decisivo unha estrutura organizativa incluínte e non subordinada, como tan só a xente consciente, como tan só o pobo en movemento (si, tamén o noso pobo) sabe facer. E xorde sen avisar e sen planeamento ningún, certamente, mais as forzas motrices do país teñen que estar aí, prestas para aproveitar o momento irrepetible; de aí a necesidade de organización, do diverso e imprescindible tecido asociativo, partidario ou non. Algo disto xa aconteceu na fase inicial (non tutelada por ninguén) do episodio de «Nunca Máis», cando o revoltallo social autoorganizado estivo ben disposto para hastear a bandeira da dignidade e da mudanza. Entón, as preguntas veñen sendo: danse agora as condicións para un agromar soberano, desenvolto por e para nós?; hai alguén aí, que, cal toupeira, teime en artellar espazos de encontro e mobilización para que as xentes do común, sen distingo entre as que teñen ou non opción partidaria, poidan exercer o protagonismo activo do noso (auto)recoñecemento colectivo como «suxeito político con capacidade de decisión»?.

Sen unha resposta positiva a ambas as interrogantes, teño para min que unha hipotética (e desexable) representación propia e soberana, quer nas Cortes españolas, quer no mirrado Parlamento galego, illada e desconectada da ilusión e da forza constituínte dunha maioría social en marcha para mudalo todo, está abocada ao fracaso nos seus obxectivos soberanistas. Ambos os procesos se necesitan mutuamente e deberían ir paralelos, acompañándose; mais para iso, compre que as urxencias electorais non monopolicen o horizonte político e o activismo social tome a palabra.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.