1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

14564013358 1817dc418f zGaliza - DL/IR - [Iago Rodya] É simples compravar como a estratégia de confronto direto com um “adversário” político com que se compartilha um espaço similar de recetores, ou de açom sociopolítica, nom tem dado resultados positivos; nem no fundo nem na forma.


Foto de Xaquín... (CC by-nc/2.0)

No sindical pudemos observar como cando a CUT deixou de facer públicas as críticas máis destructivas ao sindicato de maior peso cuantitativo e centrarse no que mellor saben facer, traballo sindical de clase, creceu en corpo social e en cadros representativos. Parece lóxico, seguindo a mesma regra, que as seccións máis serias da CNT deixasen de centrar o seu discurso en vilipendiar sistemáticamente ás centrais que non comparte o seu modelo sindical e centrarse en gañar forza nun estado onde a cota de afiliación sindicail xeral non chegaba, no 2011, ao quince por cento.

No presente da política parlamentar na Galiza, aínda quecendo no pote,  non se pode entender sen un compoñente obsesivo  que un partido cunha vagaxe, corpo social e estructura interna seria (máis alá das simpatías de cada quen) gastase o seu tempo en pedir o non voto para outra opción, tal cal mozo/a despechada que quere quedarse aos amigos tras unha ruptura da que ambos tiveron a culpa. A disparidade de criterio sobre se esa parella podería/puido ser nalgún momento referente para alguén xa é ao gusto da consumidora.

Na forma o exemplo sería en positivo: a capacidade de empatizar cun povo que na súa maioría é capaz de porse dacordo para arranxar unha derrama na comunidade de veciños, obviando que non se fala co do andar darriba.

Tendo moito ou pouco que ver con esta introducción sorprendeume unha entrevista a Carlos Taibo na que acusa a fenómenos “como Podemos, Guayem ou as Mareas” de “no ser nada nuevo”, de “cortoplacistas”, “abiertamente socialdemácrotas”e insta a “los libertarios/as que forman parte de estos movimientos a hacer una profunda crítica”. Digo que me extrañou non polo que aporta, senón porque a omisión de certa da información fai que a rigurosidade das reflexións non se corresponda co nivel ao que se nos ten acostumados. Seriar fenómenos  ou entidades políticas que non comparten membros, estatutos ou espazos a traballar pode resultar  de forma que todos parezan o mesmo pode semellar algo maniqueista. A dicotomía do hiperliderazco que na práctica leva Podemos coa confluencia dende a base que na teoría levan as candituras municipais choca con esa amalgama de siglas. Que existan mínimos común como poden existir en calquera grupo organizado é obvio, mais relendo os estatutos da Plataforma que opera na cidade que teño máis próxima, Ourense en Común, queda bastante claro a autonomía de dita plataforma e independencia de calquera proxecto político de ámbito diferente ao municipal. Na teoría mediante estatutos e na praxe polo traballo feito ata o de agora. Que estas “novas agrupacións cidadáns” non son nada novo é un feito, mais que as que existiron ata o de agora na Galiza foron testumuñais (Candidatura do Povo) ou unha careta nas que diluir organizacións consolidadas (Alternativa Canguesa de Esquerda) tampouco.  A sistematización de ese segundo exemplo podería ser unha crítica con carácter reprobatorio, mais paréceme un apriorismo bastante perigoso. O mesmo poderíamos decir do cortoplacismo: é probable que se de nun tanto por cento dos casos porque este tipo de dinámicas (nas que un obxectivo é controlar as institucións) prestanse para elo. Eu mesmo foi a resposta que din cando,  volvendo á  próximidade que é como se deberían tecer as relacións, me convidaron (como a todo o mundo) a participar dese movemento (cousa que non fago). No caso ao que me remito e vía web a realidade amosa  que  os termos feedback coa cidadanía (termo prescindible, o de cidadanía), comisións sectorias, empoderamento da veciñanza ou recuperar o poder dos barrios son as que se len e non os referidos a aritmética electoral.

O que escribe non caeu dun quinto e é consciente de que por aí deambulán e deambularán na búsqueda da súa coroación particular especímenes da máis despreciabel das raleas: trepas, getas e arribistas entremezclados con representantes das organización máis xurásicas e centralizadoras: será en todo caso responsabilidade da participación colectiva que queden diluidos ou non. A responsabilidade colectiva tamén sería a que se encargue de dirimir se esos proxectos son “abiertamente socialdemócratas” ou máis avanzados, pero non se debe esquencer que as formas do facelo están sendo do máis limpas e transparentes. A diferencia ponderada cos modelos dados previamente resulta escandalosa: asambleas abertas con poder vinculante, actas e cronogramas colgados na rede en tempo real, imposibilidade de estar en máis dunha comisión….aspectos todos eles que nos achegan á democracia real é que posibilitan que as cousas sexan como a xente que as decide queren que sexan. A política en xeral non se deben mirar só en termos de resultados senón de proceso, e algo que mellora substancialmente as dinámicas decisorias dunha entidade colectiva debería ser mirado cun sorriso por parte de quen está en contra de xerarquías ou se alinea dentro dos principios libertarios: do resultado xa haberá tempo a falar e por desgracia, e como de costume, Carlos Taibo terá razón nun nutrido grupo de Guayem e Mareas.

 Claro que os libertarios/as que participan nestes procesos teñen que someterse a unha profunda e crítica reflexión, como se nos exixiu aos que nos reclamamos abertamente independentista. Terían que facelo tamén os que elixen o camiño da automarxinación sistemática de calquera acción que non ten como xénese un tanto por cento elevado dos seus principios. Contaba Vigostky que en Pedagoxía para que o coñecemento avance había que actuar na zona de desenvolvemento próximo, que é o espazo que comprende a zona de desenvolvemento real (o que conseguimos facer por nós memos/as) e a zona de desenvolvemento potencial (o que conseguimos coa axuda dun adulto ou compañeiro). Se  os obxectivos están na zona de desenvolvemento real non se consigue suscitar interés e xérase inmovilismo: o avance non se produce. No antagónico, alonxados   da zona de desenvolvemento próximo, os obxectivos resulta inalcanzables por moitos intentos  que se plantexen. A Pedagoxía como case sempre resulta imprescindível para entender e actuar.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.