1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cvGaliza - Corrente Vermella - Nas mobilizacións destas semanas en diversas localidades, incluída A Coruña, pódense ouvir consignas contra o “castro-comunismo”, o socialismo ou posicións dese calibre. Mestúranse ou se esconden detrás doutras máis “xeráis” como a “liberdade”, a “democracia”, “todos somos venezuelanos”, “non á ditadura”, “non á corrupción” e outras máis concretas, contra a escaseza, a inflación etc.


É certo que estas consignas apóianse en feitos da realidade, mas a súa utilización agochan os obxectivos da oposicion. Moitos e moitas venezuelanos/as cren que ese discurso é superador da actual crise e que Leopoldo López, María Corina Machado, Capriles ou Ledezma están á cabeza dun gran movemento liberador que loita por terminar coa escaseza, a corrupción na xustiza e coa represión violenta. Cren tamén que a MUD propón un “capitalismo honesto e xusto”.

Ao mesmo tempo, polo uso que o goberno fai da linguaxe revolucionaria, opinan que Chávez primeiro e agora Maduro aplicaron e aplican un “Plan Económico Socialista” e que este é a orixe, o responsable da corrupción e decadencia do país. A realidade é xusto a contraria á que nos queren presentar desde a oposición e os medios de comunicación, para confundir e agrupar a todos os que rexeitan o “chavismo”; minten pois se se presentaran tal cual son, ningun lles daría o seu apoio.

O proxecto do chavismo non é construir ningun tipo de “sociedade socialista”, senon que é alcanzar un acordo entre patronal, o goberno e sectores da oposición, coa bendición da Igrexa e o imperialismo, para facer pasar o axuste contra os traballadores e as traballadoras, a través da “Conferencia Nacional pola Paz”, de comezos deste ano. Así Maduro tería apoio para aplicar “solucións” capitalistas á crise capitalista de Venezuela. A dereita que pactaría co goberno, e a ultradereita que alenta en gran medida a violencia nas rúas aplicaría o mesmo tipo de medidas de axuste.

Quenes loitamos polo socialismo con democracia obreira, apoiado en organismos de loita dos traballadores e non en burócratas corruptos, non podemos por menos que rexeitar rotundamente o burdo uso que uns e outros fan dos termos “socialismo” e “comunismo”.

Ainda que defendemos o dereito democrático de mobilizarse e expresarse para todos; a experiencia demonstranos que cando un goberno “progresista” reprime á direita, o final esas medidas terminan indo contra os traballadores/as e a esquerda. Esiximos a liberdade para os estudantes reprimidos e encarcerados, e frente os asesenatos e a represión, exisimos, como propon a nosa seccón irmá en Venezuela, a Unión Socialista dos Traballadores, a “conformación dumha comisión, independente, coa participación de organismos de dereitos humans, sindicatos e organizacions populares”... para investigar os feitos.

Pero rexeitamos as posicións que levan á mocidade e sectores populares a apoiar aos mesmos verdugos da mocidade e os traballadores. Como defende a UST venezuelana, para enfrentar os acordos e pactos de patrones, oposición e goberno, teñen que preparar un plan de loita da clase traballora e o pobo, que si contaría co apoio da Corrente Vermella na Galiza.

Ese é, como propoen os nosos compañeiros e compañeiras venezuelanos, o camiño dunha saída verdadeiramente socialista, independente dos xenófobos e a dereita, como tamén da burguesía, os seus burócratas e os dirixentes sindicais corruptos, sobre a base, do non pago da debeda externa, incluída a da PDVSA, o aumento dos salarios por decreto, a nacionalización das “empresas mixtas”, baixo control obreiro, o aumento do orzamento para a educación, e a reconquista e defensa de los sindicatos de base autónomos e independntes, sen intervención patronal-gubernamental nas nosas organizacions.

Por estes motivos, non apoiamos as mobilizacions convocadas na Galiza, baixo a bandeira que sexa. Para CV en Venezuela, como no Estado Español, a unica perspectiva é a loita independente da clase traballadora frente a calquer proxecto burgués, poña a cor que colla, ou branca ou “roja-rojita”, por un goberno dos traballadores/as que aplique unha saída obreira e popular á crise.

Neste camiño, estanse a dar pasos en Venezuela coa convocatoria dun Encontro Nacional de Dirixentes Sindicais e Populares, coa participacion da corrente sindical CCURA, mas tamen de outras organizacions sindicais, políticas, sociales e de direitos humanos (UNETE, PSL, PROVEA, e...). Este é o camiño da loita obreira e popular.

Galiza, 5 de abril do 2014

Corrente Vermella

(Liga Internacional dos Traballadores-Cuarta Internacional)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora