1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

abordaxe4Galiza - Abordaxe - Despois de un longo proceso de redacción, recopilación, tradución, montaxen, impresión e encuadernación, todo feito na casa e con a colaboración especial das compas da imprenta alternativa Irrintxi de Vitoria-Gasteiz, temos xá na rúa o novo número da nosa revista en papel, o nº 4, con un amplo contido de temáticas anarquistas e colaboracións especiais e "inéditas" ata hoxe, en 68 páxinas para ler con a calma ou con ávidez (ao gosto de cada quen) e por só 2 €.


Queremos aproveitar para agradecer a todas as persoas que colabouraron para que esta Revista sexa unha realidade. En breve publicaremos unha listaxe con os lugares de venda e distribución (se estades interesadas en distribuila poñervos en contacto con nós) e con as localidades onde imos presentala. Tambén estamos a traballar nun novo blogue (abandonamos google para irnos a wordpress) que será inaugurado con a publicación en pdf deste nº 4 para a súa leitura e descarga gratuíta.

Colamos o índice temático (por orden de paxinación):
- A Modo de Editorial
- Breve Historia da Piratería (artigo de C. Rivas para Aobordaxe!)
- Isto non é o casco vello de Donosti (artigo sobre a okupación da Sala Iago de Compostela)
- "O Occidental Abominable" (Auto-entrevista de Pedro García Olivo sobre as suas actuais liñas de investigación, feita en especial para este nº de Abordaxe)
- "Lumes e lumes" (artigo sobre a criminalización social do lume)
- "Son un Labrego" (Poema criativo)
- "Big Brother Porto Ano 29 da era Orwell" (panfleto atopado nas rúas de Porto)
- "O Laboratotio Helénico" (unha visión sobre o mundo libertario grego)
- "Luita e Represión nos Cárceres" (artigo sobre a Historia da Campaña Cárcere=Tortura dos anos 2011 ao 2013 polo Grupo de Apoio de Galiza Sur)
- "Proclama da Okupación"
- "Foronse as Árbores" (Poema anónimo)
- "Breve Exposición da Noción de Territorio e a súas Implicacións" (artigo de Miquel Amorós en especial para este nº de Abordaxe)
- "Amancio Ortega, um ejemplo a seguir por todas?"
- Sobre a violencia (duas diferentes reflexións sobre o seu uso): "Estou Farto de Chachachá" e "Condenamos as vosas Condenas de Violencia"
- "Miedo y Asco en el Chiringuito" (artigo sobre as drogas nos 80 e agora)
- "Conversa con Alfredo M. Bonanno"(transcripción das conferencias impartidas no estado español en 2012 feita con a colaboración e consentimento do mesmo, para este nº)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora