1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (9 Votos)

290812 manifGaliza - MpB - [Martín Naya] No país estanse a dar diversos agrupamentos no eido do nacionalismo, eu mesmo como membro do MpB estou a traballar nun deles, Anova, impulsada polo Encontro Irmandiño de X.M. Beiras.


Non é momento este para facer unha crítica en profundidade destes procesos, dos seus déficits democráticos ou do posible afán electoralista dalgúns dos seus actores. Mais si que penso que cómpre falar da unidade, non como un máxico talismán que o resolve todo, senón para definilo como un instrumento ao redor dunha liña política e ideolóxica que enfronte os problemas do País.

Nunha sociedade dividida en clases, coma a nosa, a posición de clase define a visión dos problemas. O MpB deixou claro o seu compromiso coa clase obreira e demais clases populares da Galiza, facendo énfase no traballo na base coma clave do seu accionar político. Na actual situación económica e social que estamos a vivir na Galiza, e tamén no resto do Estado español, a clase obreira e as clases populares son obxecto dun frontal ataque da burguesía, española e galega, contra dereitos básicos adquiridos en duros anos de loita. Isto fai que hoxe a loita de clases sexa, unha vez máis, a lupa para analizar os acontecementos e o compás para orientar o noso traballo.

O vello Estado español, nado dunha vergoñenta "transición" que consolidou a restauración borbónica da man do xenocida Franco, está a vivir os seus momentos máis difíciles, pola súa corrupción, pola chamada burbulla inmobiliaria, pola fraude do sector financeiro, mesmo pola súa intervención polo FMI, EU ou BM. O descrédito do sistema capitalista e as súas institucións económicas e políticas, alacanzou cotas impensables fai apenas cinco anos. Á súa lexitimidade é cuestionada día a día na medida en que as medidas antipopulares e empobrecedoras golpean a sectores máis amplos do pobo.

Un dos instrumentos básicos de lexitimación das ditaduras democráticas da burguesía son os procesos electorais que marcan a chamada "axenda política". Eles deciden cando se convocan eleccións para os diversos órganos de "representación democrática". Agora ben, na actual situación, dende a posición do pobo, calquera lexitimación do Estado opresor implica apoiar un réxime corrupto e contrario aos intereses dos traballadores e traballadoras. Esta é a realidade, compañeiros e compañeiras.

Ben, partamos da realidade para transformala. Hoxe a loita principal esta na rúa, na construción de instrumentos de poder popular, comedores populares, cooperativas, comercio directo do fabricante ou produtor ao pobo... No fortalecemento da loita sindical, non só no marco xurídico, senón con novas formas de loita que obriguen a patronal a ter que negociar os EREs ou outras medidas anti-obreiras.

Temos que manter un permanente discurso deslexitimador do Estado opresor e con esa liña estudar a participación en procesos electorais, na actualidade desacreditados pola permanente fraude dos partidos políticos do sistema. E cando falo de estudar é que non se trata de propoñer o boicot como única alternativa, podemos participar con listas revolucionarias, formadas por obreiras e obreiros, desempregados e desempregadas, mozas e mozos ou pensionistas; mais rexeitando os "politiqueiros de sempre", expertos en enganos as masas, nestas listas.

Hai compañeiros e compañeiras que opinan que hai unha emerxencia nacional porque se reducen as "prazas" no parlamentiño, seguindo coa política de "recortes" do goberno Feijóo. Con franqueza, compañeiros e compañeiras, a emerxencia nacional son os milleiros de desempregados e desempregadas, os milleiros de homes e mulleres que percorren nosas rúas sen teito nin futuro. A estafa a milleiros de aforradores pola banca, un autentico timo legalizado, e moitas outras cuestións que non se resolven con "resolucións ou preguntas parlamentarias" ou con máis escanos dunha oposición dentro do sistema.

Dende xa temos que traballar pola auténtica unidade, a do pobo, nas loitas, na coordinación das mesmas, creando formas de novo poder á marxe do podre Estado español.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.