1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

250212_grevegeralfpgGaliza - FPG - O pasado 10 de Febreiro o Goberno do PP aprobaba por decreto a reforma laboral máis agresiva desde a fin do réxime franquista. Un recorte de dereitos á clase traballadora que, continuando a rota iniciada polo Goberno de Zapatero, supón un salto de grande magnitude cara unha situación de desequilibrio total nas relacións laborais, deixando ás persoas traballadoras en situación de desprotección fronte á vontade do empresariado, xa sexa de efectuar despedimentos baratos como de cambiar competencias e funcións, baixar salarios, alterar horarios ou lugar de traballo.


Nesta comedia do bipartidismo que estamos a presenciar, agora é a quenda para que o PSOE, hoxe na oposición, represente o papel de defensor dos dereitos das clases traballadoras que, até hai escasamente tres meses, eles mesmos atacaban. No ámbito sindical, tamén asistimos a outra comedia macabra: a dos sindicatos amarelos maioritarios (UGT e CCOO) que teñen verdadeiro pánico a que o mínimo xesto de protesto que as súas bases lles esixen, unha greve xeral pacífica e ritual, se lles poda ir das mans e tornar incontrolável, como na Grecia. As elites vendidas que ocupan os postos directivos nestes sindicatos teñen moi ben asumido o seu rol de intermediario desde os miseráveis Pactos da Moncloa: vende aos traballadores da mellor maneira posível as decisións do patronato. Eles están polo pacto a toda costa, e mesmo cando un governo como o actual os advirte de que recortarán máis os nosos dereitos negocien o que negocien co patronato, eles seguen ben sentadiños á mesa, sorrindo á beira da actual ministra de (anti)traballo. Durante canto máis tempo vai seguir tolerando a clase traballadora galega todas estas humillacións?

Na FPG pensamos que é precisa unha confluencia ampla das loitas sindicais, estudantís, sociais, feministas que abranga desde as asembleas de fábrica até movementos novos e heterodoxos como o 15-M para subir un grao máis o nível da loita e artellar un movimento popular que pase da fase de protesto á de loita polo poder. De non ser así, serán os oportunistas pequeno-burgueses e socialdemocratas os que leven o actual proceso prerrevolucinario cara ás augas mansas da política da representación e da comedia parlamentar. Estamos seguros, en definitiva, de que o lugar onde a clase traballadora galega vai recuperar os dereitos roubados é na rúa, non nas urnas, e por iso apoiamos totalmente a convocatoria dunha Greve Xeral Nacional do 29 de marzo.

Foto: FPG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.