1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

030815 homeGaliza - CIG - O Concello de Verín, a proposta da CIG, celebrará o 6 de agosto un pleno e un acto de recoñecemento ás vítimas do franquismo.


A sesión plenaria comezará ás 20:30 horas e ás 21:30 horas terá lugar o acto público de homenaxe na Praza do Concello
Tras a proposta formulada pola CIG de organizar un Acto institucional de Homenaxe ás vítimas do franquismo na Comarca de Monterrei, o grupo de Goberno do Concello de Verín acordou celebrar, o próximo xoves 6 de agosto, un Pleno da Corporación municipal, co obxecto de outorgar estes honores e distincións os veciños e veciñas, políticos/as e sindicalistas executados, apresados e represaliados polo franquismo.
15-08-06 cartaz acto homenaxe monterrei
Rematado o Pleno municipal, informa Anxo García, sobre as 21.30 horas da noite, desenvolverá, na Praza da Concello de Verín, un acto público de homenaxe ás vítimas e entrega de distincións aos familiares.

A petición realizada pola Unión Local da CIG de Verín, en xullo do ano pasado e reiterada en abril deste 2015, intenta que o Concello de Verín conceda, a título póstumo, a unha serie de persoas que protagonizaron a vida da vila nos momentos previos e posteriores ao golpe de estado de 1936, “as distincións e honores que merecen, por ter entregado as súas vidas e patrimonios á causa da liberdade e da democracia”.

Ademais, preténdese proxectar este recoñecemento non só ás persoas propostas para seren distinguidas, senón tamén a todos os/as represaliados/as e resistentes ao franquismo da Comarca de Monterrei (mais de 500 persoas oficialmente contabilizadas); motivo polo que a Unión Local da CIG de Verín fai un chamamento a toda a cidadanía á participación nos actos de homenaxe.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.