1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

frenteatleticoGaliza - Sermos Galiza - Catorce días despois do crime que matou un seareiro do Dépor a policía continúa sen capturar os culpábeis após intentar dirixir os focos cara A Coruña na vez de cara un Frente Atlético que emitiu unha nota na que non amosa o máis mínimo arrepentimento polos feitos.


Foto de Carlos Delgado (CC by/sa) - Fascistas do Frente Atlético num jogo de futebol.

Dúas semanas xustas acaban de cumprirse dos incidentes -unha emboscada de 250 neo-nazis armados, segundo a versión de Riazor Blues- que remataron con varios seareiros do Dépor feridos de arma branca após enfrontarse ao Frente Atlético horas antes do encontro que en Madrid disputaron ambos equipos e que tivo lugar malia que antes varios ultras locais golpearon con varas de ferro e guindaron ao río a Jimmy, un seguidor deportivista de 43 anos, que así faleceu. Porén, catorce días despois e a pesar da existencia de imaxes dos feitos e que estes se produciron á luz do día, a policía segue sen capturar os asasinos do membro dos Riazor Blues, entre os que houbo 14 detidos.

As forzas de seguridade non só non detiveron aínda os culpábeis senón que desde as súas altas instancias tamén configuraron unha operación mediática coa intención de centrar o foco no club galego -en base a inexistentes erros de seguridade-, no deportivismo e nos Riazor Blues, falando dunha cita previa para pelexar que estes negan e da que non se coñecen probas, namentres mesmo desde Interior se negan a falar do Frente Atlético, de onde sairían os responsábeis do homicidio. No Congreso, o BNG ten criticado esta situación, namentres Amaiur mesmo chegou a acusar a policía de "connivencia" coa ultra-dereita madrileña con sede no Vicente Calderón, que xa asasinara hai 16 anos un seareiro vasco da Real Sociedade: Aitor Zabaleta.

Comunicado do Frente Atlético

Pola súa parte, o Frente Atlético goza da impunidade, ao punto de presumir dela. Este sábado emitiu o seu primeiro comunicado após o asasinato de Jimmy, que en ningún momento condenan. Polo contrario, nun ton desafiante, o grupo de carácter fascista asegura que "é vítima dunha persecución desmedida" e que "espera acontecementos", á vez que critica a directiva e xogadores por non darlles "apoio".

Namentres, esta segunda feira á noite regresa o fútbol a Riazor. Volverá abrirse a bancada dos Blues, que recibiron o apoio expreso de máis de medio cento de claques branquiazuis, que tamén criticaron con dureza a directiva de Tino Fernández por "facer seguidismo do que lle marcaba Madrid, criminalizando a afección propia e amosando inhumanidade respecto a Jimmy".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.