Somando-se à campanha de solidariedade com o povo do Donbass começada este mês de novembro por iniciativa de várias claques antifascistas do estado espanhol, como Bukaneros ou Herri Norte, @s siareir@s do clube Celta de Vigo CELTARRAS realizarám umha recolhida de roupa e medicamentos destinados à organizaçom humanitária Europe with Donbass. As achegas poderám fazer-se na prévia do jogo Celta-Eibar e, durante a semana, em diferentes locais da cidade olívica.
A seguir, reproduzimos o comunicado difundido através das redes sociais em que se dam mais detalhes sobre esta acçom de solidariedade humanitária, mas também política.
CHAMAMENTO DE CELTARRAS Á SOLIDARIEDADE CO DONBASS AGREDIDO POLO FASCISMO
O pasado Maio, o ilexítimo presidente de Ucrania puña en marcha unha ofensiva bélica a grande escala baixo o pretexto do "antiterrorismo" contra a poboación do sureste do seu propio país, co obxectivo de exterminar a poboación traballadora e rusófona da conca do Donbass.
Meses despois, tras milleiros de civís asasinados, torturados, feridos, desprazados e refuxiados a mans da artilleria fascista de Kiev, achégase un duro inverno no país eslavo. Grandes cidades como Lugansk ou Donetsk, sitiadas e acosadas polas operacións militares de castigo dos batallóns neonazis contra a poboación civil, atópanse totalmente desabastecidas; sen luz, auga, medicamentos, comida e outras necesidades básicas, nunha situación de emerxencia e catástrofe humanitaria sen precendentes en Europa dende a segunda guerra mundial.
Ante esa realidade, e co obxectivo de cubrir as necesidades básicas da poboación desa zona, e amosar deste modo a nosa solidariedade política con eles, dende a hinchada do Celta estamos a levar a cabo unha campaña de recollida de roupa de abrigo e medicamentos (antigripais e contra a dor) para dar o máximo apoio humanitario e político posible ao povo do Donbass.
Na previa do encontro Celta-Eibar deste vindeiro sábado recolleremos as vosas aportacións no posto de material de Celtarras ao carón do bar Noso Luar (r/ Manuel de Castro), dende dúas horas antes do comezo do encontro.
Ata a fin de semana seguinte tamén poderedes deixar as vosas achegas nos centros sociais A Revolta (r/Real) e Bou Eva (r/ Terzo de fóra) e nos bares Noso Luar (r/ Manuel de Castro) e Cousa Nosa (r/ Irmandiños).
A axuda recollida será destinada á organización humanitaria 'Europe with Donbass'.
Solidariedade antifascista co povo do Donbass.
POR GALIZA POR DONBASS!!!
#SAVEDONBASSPEOPLE