1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

211114 cruz-fascistaGaliza - Isca! - Desde Isca! unímonos ao rexeitamento que estes días están a expresar diferentes organizacións e colectivos contra a decisión do Concello de Vigo, presidido por Abel Caballero (PSOE), de recorrer unha sentenza xudicial que implica o derrubamento da "Cruz dos caídos", mamotreto fascista chantado nun lugar preminente da cidade coa intención de deixar unha impronta perdurábel no tempo da denominada "Cruzada espiritual" que os franquistas emprenderan no 1936 para liquidar as forzas revolucionarias da clase traballadora e as ansias liberadoras das nacións oprimidas, como Galiza.


O proceso criminal acertadamente calificado no noso país por Castelao como "Atila en Galiza" supuxo non só a liquidación física, represión e apresamento de milleiros de militantes revolucionarios operarios/as, labregos/as e intelectuais progresistas e antifascistas, se non unha involución cultural e recrudecemento da dependencia e opresión nacional que sofremos, e que aínda hoxe estamos a pagar.

Deste xeito, a permanencia nas nosas vilas e cidades desta simboloxía non é só un insulto para a memoria antifascista, se non que materializa o significado real da denominada "Transición española", auténtico pacto de elites continuista que reimplantou formalmente a democracia burguesa sen rachar ataduras co réxime anterior.

Os pouco convincentes argumentos do alcalde de Vigo, que apela á resemantización da Cruz como "un monumento a todas as vítimas" (segundo acordo plenario de 1981) e á propia forma do monumento franquista (unha cruz cristiá) sirven de pretexto para o máis descarado negacionismo e falsificación históricos. Os diferentes movementos fascistas escolleron motivos iconográficos novos ou procedentes do imaxinario chovinista de cada estado para marcar indelebelmente o espazo público. A cruz de Vigo, como tantas outras chantadas por toda a xeografía e seguindo o modelo do "Valle de los Caídos" madrileño, pretendía, en palabras do rexime:

"Perpetuar la memoria de los caídos de nuestra gloriosa Cruzada" [...] La dimensión de nuestra Cruzada, los heroicos sacrificios que la Victoria encierra y la trascendencia que ha tenido para el futuro de España esta epopeya, no pueden quedar perpetuados por los sencillos monumentos con los que suelen conmemorarse en villas y ciudades los hechos salientes de nuestra historia y los episodios gloriosos de sus hijos. "

Por moito acordo plenario ou hipotético "consenso" que puidera existir, ninguén no seu san xuízo pode pretender que a memoria das vítimas poida ser honrada mediante un símbolo que, baixo forma da cruz cristiá ou calquera outra, foi edificado co único obxectivo de enxalzar o fascismo. E todo isto, sumado á gravidade de o rexedor situarse nunha posición de pretendida neutralidade onde pesan o mesmo represores e reprimidos/as.

Por todo isto, desde Isca! apoiaremos os diferentes actos promovidos para esixir o derrubamento deste símbolo facista. Porque Vigo non pode permanecer unha xeración máis á sombra da cruz.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.