1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

viaGaliza - Xeira - O 18 de xullo de fai 78 anos, os militares fascistas apoiados pola oligarquía española e pola santísima Igrexa Católica, deron un golpe de Estado en contra da vontade da maioría da poboación, acabando, así, co período de maior democracia na historia do Estado Español.


A sublevación fascista do 36 afirmou o caráccter popular no que estaba asentado a república, xa que foron as masas, o pobo en armas, as forzas capaces de respaldar ao poder, mulleres e homes saíron á rúa a ocupar o seu posto, dándose por completo á loita contra o fascismo. Pero que Franco gañara a guerra e que logo existira un desarme ideolóxico do pobo, non evitou a resistencia, unha loita do réxime fascista que continúa ata os nosos días, a pesar da brutal represión do estado terrorista no que vivimos.

No estado español non houbo unha “reconciliación nacional”, a solución que nos trouxo a transición, á Guerra Civil e a 40 anos de ditadura, foi o esquecemento do horror bélico, da represión e dos miles de asasinatos, para así non poder facer xustiza cos culpables.

Setenta e oito anos despois, o fascismo segue instalado no poder xudicial, no poder gubernamental, no exército e nos corpos de represión, traducíndose isto en que cada vez que a clase traballadora participa en protestas recibe palizas por parte dos UIP, os grises azuis, e onde calquera que teña intención de reivindicar os nosos dereitos é tachado de terrorista.

Por iso, dende Xeira reclamamos unhas liberdades políticas plenas, incluíndo isto o dereito a escoller a Xefatura do Estado, a Independencia e a Amnistía de tod@s as pres@s políticas do Estado español. Seguiremos loitando ata acadalas, así como continuaremos a resistencia contra o fascismo, porque somos @s net@s das revolucionari@s que non puideron matar e a mellor homenaxe ás caídas é seguir na loita.

ANTIFASCISTAS SEMPRE.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.