1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - maribolheras - Ato em defesa dos direitos das pessoas migrantes na CorunhaGaliza - FGI - O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña   en relación co acoso  ao que está a  someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes, mantivo  onte mércores día 12 de xuño  unha xuntanza, con representantes municipais do BNG e EU no Concello de A Coruña, na que participaron tamén compañeiros do propio colectivo afectado.


Nesas xuntanzas, Peter, a persoa directamente agredida a semana pasada relatou os seguintes feitos:

"O xoves día 6 de xuño, pola tarde atopábase preto do Centro Comercial Marineda City vendendo caramelos na rúa, e cando se dirixía a recoller a axuda/pago que lle quería facer unha señora foi retido por unha persoa, que lle colleu polo ombro e identificouse como policía. Esta persoa vestida de paisano, insistíulle en collerlle o macuto no que levaba a mercancía, tratandono de forma violenta. Colleulle a documentación e finalmente "requisoulle" a mercancía.

O venres día 7 de xuño, pola mañá  atopábase  no mesmo lugar cun novo macuto e nova mercancía, que lle prestaron a conta. Achegouse un coche da policía local, e o mesmo policía do día anterior, xa uniformado  con outros compañeiros dirixiuse cara a él de novo con intención de collerlle o macuto coa mercancía, Peter agarrouse ao mesmo e veuse forozado a tumbarse no chan onde foi golpeado polo grupo de policías en varias ocasións. Mesmo algunha persoa achegouse para gravar a agresión, pero a propia policía impediullo. Ten Peter en todo caso o contacto dunha persoa disposta a testificar o que víu ese día. Despois duns minutos, e de novo despois de que lle quitaran a mercancía e colleranlle a súa documentación ( é unha persoa residente legal en A Coruña dende hai varios anos con muller e fillos) foi trasladado esposado ata a Comisaria da Policia Nacional, da que non puido saír ata ás 5 da tarde."

Ten por suposto parte médico, da mesma tarde do venres 7 de xuño,  no que constan as lesións producidas. Tamén un avogado proporcionado pola propia Asociación de Nixerianos de A Coruña ocuparase das acción legais oportunas.

Dende o Foro Galego de Inmigración e a Asociación Sen Papeis de A Coruña queremos salientar os seguintes feitos, que configuran como absolutamente impresentable a agresión descrita polo protagonista:

1.- O uso continuado da violencia e a desproporción dos medios empregados.

2.- A requisa de mercancía de forma arbitraria e sin que se realice/entregue documento algún a persoa afectada, no que conste o tipo de mercancía e a cantidade incautada e onde a pode recuperar despois de abonar a correspondente multa.

3.- Non hai intención de cubrir y entregar ao afectado  o papel que recolle a sanción administrativa (multa), que en todo caso sería a única acción contraria a normativa municipal imputable a Peter.

4.- Existe unha evidente desigualdade de trato, que nos chamamos polo seu nome: racismo, entre o que recibe Peter, e o que recibimos outros cidadáns por parte da policía local cando nos saltamos un semáforo en vermello (infracción administrativa equivalente a que tería cometido en todo caso Peter). Non parece tampouco que a acción de Peter xustifique o seu traslado á Comisaria de Policia e moito menos que fora esposado.

5.- Chama a atención que un policía local de paisano (para empregar policía de paisano –secreta-, o Concello precisa unha autorización especial da Subdelegación de Goberno, xustificada pola especifidade das accións a desenvolver)  sexa utilizado para controlar unha actividade como  a venda ambulante nos semáforos, que non parece supoñer un  risco tan grave  para a cidadanía de A Coruña  como  para utilizar este recurso extraordinario.

E  concluímos:

1.- Seguimos reclamando que a intervención con estas persoas e colectivos debe realizarse dende o ámbito dos servizos de benestar social. Nesa liña imos participar nunha xuntanza con responsables desta área municipal, xunto con responsables de seguridade cidadá a vindeira semana, para tentar buscar unha alternativa ao acoso policial actual. Xuntanza á que fomos convocados, sen dúbida, pola gravidade dos feitos denunciados.

2.- Consideramos que esta actuación inscríbese nunha política de acoso policial contra este colectivo, impulsada  polo propio Concello da cidade. Non se pode entender doutra forma a continuidade da persecución e o incremento progresivo das accións violentas, que pretenden amedrentar a estes cidadáns.

3.- A gravidade da agresión que reflicte o relato pormenorizado descrito máis arriba, esixe a intervención directa do Alcalde da cidade, para desculparse pola mesma en primeiro lugar e para informar das medidas que se van tomar para depurar as responsabilidades profesionais  e políticas que correspondan.

Recordamos, por último, que  na súa maioría este colectivo está composto por residentes, recoñecidos legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante, para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. Pois ben,  a Policía Local da cidade ven impoñendo  sancións (multas) de 100 Euros que xa contamos por decenas nos últimos meses , ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas. A este acoso sumamos o maltrato policial que alomenos temos  documentado en dous casos nos últimos meses (outro, tivo lugar o 13 de maio na Rúa  Ourense ao lado da Delegación de Goberno).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.