1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

roteirodamemoriafervedoiroGaliza - O Fervedoiro - E todo foi xurdindo segundo o previsto no II Roteiro da Memoria, coa inestimábel colaboración da Asociación O Meigallo e de numerosas persoas que se achegaron até aquí. Procedentes de Caldas de Reis,  Compostela, Monforte de Lemos, Moraña, Vigo e do propio Concello de Cuntis, reunímonos naPraza das Árbores á hora acordada para logo, a continuación, dirixírmonos o primeiro punto da Memoria, a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres.


A inauguración correu a cargo do cantautor cuntiense Manoele de Felisaque, entre outras cancións, interpretou unha peza que el mesmo musicou a partir dun poema que Xosé Fernández Abella lle adicara a Isaac Díaz Pardo.

De seguido, foise parando na igrexa, casa reitoral e o monumento dedicado a Roberto Blanco Torres.  Falouse da súa figura e tratouse dos métodos e medios de persecución levados a cabo no municipio cuntiense, como os republicanos protexeron o convento das madres bieitas así coma o cura párroco e o crego da parroquia coruñesa de San Pedro de Mezonzo. Á par, e segundo investigacións máis recentes, continuouse indicando como aqueles protexidos foron -algúns deles- os propios perseguidores, ou cando menos delatores.

Seguíuse pola Circunvalación Don Aurelio, Cemiterio municipal, e o CPI, acompañados/-as de varios/-as familiares do egreixo profesor cuntiense Aurelio Marcelino Rei. Recordando o propio mestre, a Xohán Xesús González, Uxío Soutoe numerosas persoas represaliadas e fusiladas deste municipio conclúese que foi este o concello máis castigado -con diferenza- de toda a bisbarra do Umia.

O actos rematan, de novo, na devandita Casa da Cultura, executando David Iglesias Portela varias pezas coa zanfoña e, por último, unha gaita comezou a interpretar o himno galego mentras se ía pronunciando en alto o nome de todas aquelas persoas, que se ten constancia, fusiladas e represaliadas en toda a nosa bisbarra.

Máis de 135 nomes foron recordados, máis de 135 persoas que sufriron persecución, represión e nalgúns casos morte, nos concellos de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas.

Faite música, fáite verso.

Volta viaxar encol do vento.

Acode a nós por riba da memoria

e préndenos por dentro

o lume da paixón pola xustiza

que queimou os dedos.

Érguete das sombras, roberto,

blanco das nosas miradas hoxe, e sempre

espello dos cativos que agora levan

o teu nome prendido nos seus beizos.

Manuel Pérez Lourido

«Érguete das sombras»

Foto: O Fervedoiro - Um momento do II Roteiro da Memória


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora