"NON PERMITAMOS A REPRESIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS MIGRANTES NIN A PERDA DE DEREITOS BÁSICOS QUE ESTÁN A SUFRIR"
As liñas fundamentais do Manifesto, que pretende facer un chamamento solidario ao conxunto da sociedade galega, responden as principais preocupacións do colectivo de migrantes residentes en Galicia neste Contexto de Crise:
1.- A política de persecución policial dirixida cara ao colectivo de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, especialmente en Compostela e en Ferrol.
2.- A exclusión sanitaria do colectivo migrante que establece o Real Decreto de Abril de 2012.
3.- As duras políticas neoliberais implementadas polo goberno central e autonómico supoñen un fortísimo retroceso dos dereitos laborais d@s traballador@s. Nese contexto afectan de forma moi significativa ao colectivo de traballador@s migrantes. Salientamos a situación das mulleres empregadas de fogar Tamén recollemos a preocupación pola falta de flexibilidade da Administración diante das solicitudes de renovación de autorizacións de residencia e traballo.
4.- Esas políticas do goberno central e autonómico conforman tamén un conxunto intolerable de recurtes no ámbito social, que afectan a un conxunto de dereitos fundamentais.
Foto: Kaos en la Red