As atividades racistas das unidades policiais dependentes da Cámara municipal já motivárom umha concorrida manifestaçom de repulsa o pasado mês de dezembro. Isto aconteceu após umha brutal detençom em que a polícia chegou a encanhonar injustificadamente um senegalês perante os atónitos olhos dos transeúntes do centro da urbe.
Desta volta, a Associaçom Sem Papéis denuncia que a reabertura de um processo penal contra a polícia polas devanditas práticas motivou um assédio nas ruas ao denunciante que se estendeu mesmo às moradas dos migrantes. As pressons e ameaças, além dos pontos de venda ambulante, realizárom-nas agentes tanto uniformados como à paisana.
Mais info do assédio aos migrantes neste blogue: aqui e aqui.
C.R.
Colamos a seguir o comunicado ao respeito da Associaçom Sem Papéis da Corunha, que nós copiamos do seu site do facebook:
COMUNICADO DE IMPRENSA
A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO ANTE OS ABUSOS POLICIAIS
DESDE HAI VARIAS SEMANAS AS FINS DE SEMANA CONSTITÚENSE EN ESCENARIOS PARA O ACOSO DOS COMPAÑEIROS SENEGALESES SE ADICAN Á VENDA NA RÚA REAL. A ASOCIACIÓN TEN INICIADO PROCESOS PENAIS EN CONTRA DESTES E OUTROS FEITOS
Desde a Asociación Sen Papeis levamos meses denunciando ante as distintas Administracións, a Policía Local, os medios de comunicación e a sociedade a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña.
Consideramos que non se pode culpar a un colectivo, xa de por si vulnerábel e que só busca a supervivencia, da crise do pequeno comercio e dunha suposta competencia con este. Antes ben, entre outros aspectos, debemos achacar esta situación a un contexto xeral de recesión, crise de modelo comercial, falta de planificación e apoio municipais e a presenza de grandes centros comerciais do consumo controlados por poderosas multinacionais e o gran capital na cidade e na comarca.
A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes “à paisana” (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, subtraccións non documentadas... son práticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo. Estas práticas teñen sido obxecto de denuncia penal nos xulgados correspondentes, feito que ten incrementado o acoso policial nas condicións devanditas, toda vez que a reabertura dun dos procesos penais fixo que o acoso de policías à paisana e uniformados se dirixiran con maior intensidade sobre a persoa que denunciou estes feitos. O acoso ten lugar na rúa, fóra dos pontos de venda, chegando mesmo a actuacións ilegais nas vivendas dos compañeiros migrantes.
Por iso, como xa temos feito noutras ocasións, desde a Asociación Sen Papéis da Coruña:
- manifestamos a nosa total repulsa diante destes abusos e actuacións policiais desproporcionadas, algo que faremos todas as vezes que faga falta e polos meios que consideremos necesarios;
- exiximos a rutura da Policía Local con estas práticas ilegais, e a volta ao emprego de meios e procedementos adecuados à Lei;
- reclamamos do governo municipal que retome a vía da legalidade e que investigue estas actuacións policiais, e que rache coas políticas de confrontación como meio de solución desta situación, apostando por instrumentos de comunicación, participación cidadá e cooperación.
Sabemos que nengunha persoa é ilegal, e sabemos que ninguén sobra nunha crise!!


