Galiza - Gentalha do Pichel - Novo cartaz da comissom de história da Gentalha. Desta vez sobre a luitadora Isabel Rios.
Como o resto de cartazes editados, ficam à tua disposiçom no nosso centro social de maneira gratuita.
Galiza - Sermos Galiza - [R. Suárez] O gestor concursal retira Lendoiro e seu contorno da polémica gestom do Playa Club ou a Deportenda mas concede-lha aos que fôrom advogados da família do líder fascista local Juan Canalejo quando tentárom evitar que a este se lle retirassem as honras institucionais. Também defendêrom a Jorge Dorribo.
Galiza - FGI - O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña en relación co acoso ao que está a someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes, mantivo onte mércores día 12 de xuño unha xuntanza, con representantes municipais do BNG e EU no Concello de A Coruña, na que participaron tamén compañeiros do propio colectivo afectado.
Galiza - Adiante - Traxicamente vén de ter lugar o asasinato do rapaz bretón de 18 anos Clément Maric a mans dun grupo de fascistas no barrio parisiense de Saint Lazare. Clément Maric era militante antifascista, activista LGTB, sindicalista, militante do Parti de Gauche, e estudante, coma moitas de nós. O carácter político deste asasinato resulta tan obvio coma grave. Non somos quen de esquecer que a ultradereita francesa, na que se inscriben os autores deste crime, é a que está a liderar as retrógradas manifestacións en contra do dereito das persoas do mesmo sexo a contraeren matrimonio en Francia, algo que o mozo Clément defendeu na rúa, encabezando hai uns días unha manifestación a prol deste dereito, feito chave no suceso.
Galiza - Gentalha do Pichel - Novo cartaz da comissom de história para lembrar, neste caso, um vizinho do nosso centro social.
Galiza - FGI - O Foro Galego de Inmigración no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado presentou onte martes día 5 de marzo aos grupos do Parlamento Galego o texto da Moción "Salvemos a Hospitalidade"- que se pode ler aqui, co obxecto de que sexa consensuada e presentada para a súa aprobación ao Pleno da Cámara Galega o máis pronto posible.
Galiza - Galiza Confidencial - Pedro, Antonio e Félix xa poden descansar en paz. Logo de 70 anos de esquecemento, os seus familiares xa teñen os seus osos identificados. Os tres eran guerrilleiros asasinados en Triacastela.
Galiza - Nós-UP - Depois de caminhar algo mais de três quilómetros polo monte Galheiro, na clara manhá de 6 de janeiro de 2013, passadas às 12:30h, começava a V homenagem a Manuel Gonçalves Fresco.
Galiza - Briga - Tal dia como anteonte há 23 anos, morria na Havana a combatente galega Maria Araújo, conhecida como Maria "A Guerrilheira".
Galiza - O Fervedoiro - E todo foi xurdindo segundo o previsto no II Roteiro da Memoria, coa inestimábel colaboración da Asociación O Meigallo e de numerosas persoas que se achegaron até aquí. Procedentes de Caldas de Reis, Compostela, Monforte de Lemos, Moraña, Vigo e do propio Concello de Cuntis, reunímonos naPraza das Árbores á hora acordada para logo, a continuación, dirixírmonos o primeiro punto da Memoria, a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres.
Galiza - FGI - O Foro Galego de Inmigración -formado por asociacións de migrantes, entidades , colectivos e persoas de toda Galicia- en relación coa celebración do Día Mundial das Migracións, convoca roldas de prensa informativas simultáneas a dia 18/12 ás 11h00 na Comisaría de Policía de Santiago, na Subdelegación do Goberno da Coruña e na Galería Sargadelos de Ferrol ás 12h00 para facer público o Manifesto:
Galiza - O Fervedoiro - Voltamos a fixar rumbo a Memoria, para non sermos parte da pota do esquecemento na que nos queren cociñar a todas/-os. Manifestando deste xeito o noso absoluto rechazo o seu pacto de silencio e pretendendo pór en valor a recuperación da dignidade esnaquizada.
Galiza - AC A Revira - Dez sócios da Associaçom Cultural A Revira participamos hoje na entrega dum escrito no Concelho no que pedimos a retirada da simbologia franquista, 35 anos após a morte do ditador e 5 depois da entrada em vigor dumha lei -a de "Memória Histórica"- que obriga às administraçons a eliminar estes símbolos. A campanha tivo umha ampla repercusom na imprensa local e gerou debate entre a vicinhança da cidade.
Galiza - AC A Revira - A associaçom defende a medida como um acto de "higiene democrática" e de cumprimento com o que marca a Lei de Memoria Histórica
Galiza - Praça - "Unos le dan bofetones, otros le dan puntapiés, otros le clavan agujas, en las uñas de los pies. En el año treinta y siete, en el alto del Acebo, matasteis a dieciséis, y al Comandante Moreno".
Galiza - Galizalivre - "El problema es la estrella" ou "Vuestro problema es que mezcláis fútbol y política" fôrom algumhas das lindezas que tivérom que escuitar as siareiras e siareiros do Celta que acudírom no sábado 20 de outubro ao Bernabéu para ver o jogo da sua equipa portando estreleiras, e que criticavam duramente a atitude da segurança do estádio, que os tratou agressivamente e ameaçando com os expulsar depois de terem pago quarenta euros mais a viagem polo simples facto de levarem a bandeira do seu pais.
Galiza - CUT - Neste fim de semana, a memória do sindicalista Marcial Vilamor Varela, assassinado em 1937 polos golpistas, encheu de novo o bairro de Sar. Palavras de alento sindical das entidades organizadoras, poesia da voz de Mónica Camanho, acordes de Míni e Mero, semblanzas particulares da família ou un oferta floral popular encetada polo bisneto do homenageado, Mateus Vilamor, fôrom algumhas das chaves em que se desenvolveu o ato central na Praça que leva o nome do homenageado, na qual ainda se projeta a sombra da derruída Casa Encantada, estandarte da cultura alternativa da cidade compostelana.
Galiza - NÓS-UP - Passadas as 13hs da passada sexta-feira, 12 de outubro, nos jardins de Sam Carlos da Corunha, dava começo o ato central do Dia da Galiza Combatente 2012.
Galiza - CNT - A CNT, Adiante a a CUT homenaxearán esta semana á figura de Marcial Villamor, militante obreiro e anarcosindicalista asasinado polo fascismo en 1937. Os actos da homenaxe son os que seguen:
Galiza - Diário Liberdade - Um homem negro foi proibido de entrar nesses dous locais corunheses. Quando voltou acompanhado do seu advogado recebeu umha explicaçom: “segundo os chefes os negros eram para trabalhar e que como clientes davam muito má imagem misturados entre os brancos”.
Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.
Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com
Desenhado por Eledian Technology
Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.
Clique em uma das opções abaixo.