1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

140714 repGaliza - CIG - O Consello de Ministros aprobou, o pasado venres, o Proxecto de Lei, que será remitido aos grupos parlamentares do Congreso previsibelmente esta semana.


O pasado venres, día 11 de xullo, o Consello de Ministros aprobaba o 'Proxecto de Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá'. Un texto ao que a CIG non tivo acceso, máis alá do power point anexo á referencia do propio Consello, no que se manteñen -agás pequenas modificacións- as propostas xa avanzadas cando se presentou como Anteproxecto. Para a central sindical con esta reforma o PP pretende reprimir a mobilización social, limitar o exercicio de dereitos fundamentais como o de greve e eliminar as garantías xudiciais, favorecendo a discrecionalidade nas sancións.

A Confederación Intersindical Galega entende que esta Lei non se pode desvincular da reforma do Código Penal e considera que, en ambos os casos, o que se pretende é camiñar cara "un estado de carácter policial coa intención de impedir á cidadanía o exercicio de dereitos fundamentais como o de reunión, de manifestación ou mesmo de expresión", explica Suso Seixo, secretario xeral.

A CIG denuncia que o obxectivo é acalar a resposta contra as políticas que o PP está a impor: reformas laborais e sociais, recortes de dereitos e precarización das condicións de traballo e de vida das persoas, entre outras, o que evidencia "os principios escasamente democráticos polos que se rexe e ao servizo de que intereses de clase están" porque "mentres actúa con dureza contra os movementos sociais e a clase traballadora, mantén unha actitude de permisividade respecto de delitos económicos que cometen os seus amigos, o capital financeiro e eles mesmos", afirma Seixo.

Coa reforma do Código Penal o que se fai é tipificar como delitos accións e mobilizacións que até o de agora non tiñas esa consideración, o que supón un ataque brutal a dereitos sobre os que se asenta a participación democrática: liberdade de reunión, de manifestación e de folga. Porén, e ante o temor de que sobre quen protagonicen eses feitos a xustiza non actúe coa dureza pretendida, porque ao final serían os tribunais quen os interpretasen, "o que fan é reformar tamén a lei de Seguridade Cidadá porque aí é directamente o goberno o que impón ese castigo", sinala o secretario xeral da CIG.

Respecto do anterior texto apenas se reduce o número de infraccións, pasando das 58 que se recollían no Anteproxecto, ás 47 que figuran no actual Proxecto (4 moi graves, 26 graves e 17 leves) con multas de 100 a 600 € para infraccións leves; de 601 a 30.000 € para as graves e de 30.001 a 600.000 para as moi graves.

Deste xeito, a nova lei permitirá actuar de forma inmediata e contundente contra a conflitividade social e substituír a infracción penal pola administrativa á marxe de garantías xurisdicionais para desalentar a mobilización social, actuando con total discrecionalidade.

De feito, a tutela xudicial só opera unha vez imposta a sanción e coloca á cidadanía á carga de promover un proceso sometido a custos adicionais á propia sanción, custos incrementados tamén de forma arbitraria coa reforma da Lei de Taxas Xudiciais.

Ante isto, a central sindical denuncia que o PP pretende converter o conflito social nun continuo conflito de orde pública; obrigar á cidadanía a colaborar coa policía baixo a imposición de sancións, ao tempo que se amplía a impunidade na actuación policial, que non terá a obriga de identificarse nin de exhibir identificación algunha e terá plenas facultades para o uso inxustificado e desproporcionado da violencia e amplía as súas competencias –da policía- para desaloxos, disolución, mesmo preventiva, de reunións e manifestacións, así como as gravacións indiscriminadas de persoas e lugares.

Persecución da mobilización

A lei persegue todo tipo de formas de mobilización, limita o dereito á folga e mesmo sanciona as concentracións diante de calquera espazo común, público ou privado, incluso diante das sedes parlamentarias. Castiga como desobediencia e resistencia á autoridade negarse a identificarse e implanta a censura previa de aplicación discrecional, contraria á Constitución, ao limitar a captación e difusión de imaxes ou datos de membros das forzas de seguridade do estado.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.