1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

260912 Xuntanza-con-Doldan-en-CorcoestoGaliza - Plataforma Defesa Corcoesto - A Plataforma pola defensa de Corcoesto fai público un manifesto que foi asinado por máis de un centenar de persoas vinculadas ao mundo da cultura, escritores, actores, profesores das universidades galegas, investigadores e outros colectivos sociais como asociacións de defensa da natureza e do medio ambiente de toda Galicia.


O manifesto sinala que a mina de ouro de Corcoesto constitúe un espolio dos recursos de Galicia que vai a ser perpetrado por unha empresa privada canadense co apoio explícito da Xunta de Galicia e das autoridades locais, que se alían abertamente coa empresa para presentaren o proxecto como estratéxico para Galicia, renunciando así ao seu papel garantista e regulador e traizoando aos seus administrados.

O manifesto tamén incide en que unha actividade económica coma a minaría de ouro, que emprega o cianuro como tecnoloxía altamente contaminante para a extracción, que destrúe os montes e fragas e contamina as augas, que beneficia a uns poucos en prexuízo da maioría, e por encima, a costa do patrimonio común, é unha actividade ilexítima e antisocial, supón entender a economía como ruindade e constitúe un síntoma evidente do desartellamento político e social do país.

Os asinantes manifestan tamén o seu rexeitamento aos embustes das autoridades relativos as expectativas de emprego xeradas e apelan á defensa da terra, da sostibilidade, e á defensa dos intereses xerais dos cidadáns e ao compromiso co seu futuro, para pediren á Xunta que non autorice o proxecto mineiro de Corcoesto.

Desde a Plataforma recordase que o proxecto mineiro ten previsto obter unhas trinta e catro toneladas de ouro das que nin sequera está demostrada a súa existencia. Para iso sería preciso destrozar centos de hectáreas de superficie forestal, remover 64.000 toneladas de terra e pedra diarias e consumir de balde, regalada pola sociedade galega, máis de un millón de litros de auga diarios equivalentes ao consumo para uso doméstico de 6.497 persoas, máis que a poboación que ten o Concello de Cabana. Ademais no proceso de extracción usaríase unha tonelada e media diaria de cianuro (suficiente para envelenar 2,7 veces á poboación de Galicia) e xeraríanse uns residuos totais de máis de 17.000.000 de toneladas que contaminarían as augas por centos de anos e arruinarían o futuro de Corcoesto e de Cabana de Bergantiños.

"Manifesto da Plataforma pola Defensa de Corcoesto"

"Un fantasma percorre as terras de Pondal, os vales de Bergantiños, as revoltas do Anllóns, o Monte Branco, Dombate... Ese fantasma ten alento de cianuro e chámase Edgewater, empresa canadense que vén á Galiza non a construír senón a destruír, a extraer o ouro de noso para fuxir con el. Este roubo a cara descuberta é presentado polas autoridades coma unha vitoria, un proxecto estratéxico, porque Edgewater lles vai ofrecer aos “nativos” varias ducias dos empregos peor pagados e máis perigosos, como fai nas súas minas africanas.

As xentes de Bergantiños queremos industrias, a industria produtiva é o mellor índice do dinamismo económico e do emprego estratéxico dun país, igual que o espolio dos recursos é o mellor índice do desartellamento político e social, síntoma da economía entendida como ruindade.

Se a actividade económica non contribúe ao benestar do conxunto da comunidade e só uns cantos se benefician en prexuízo da maioría, e sobre todo se ese beneficio é a costa do patrimonio común, tal actividade económica é ilexítima e antisocial.
O capital sen patria ten como obxectivo único maximizar o beneficio e desafiar os límites que regulan a súa circulación, esa é a súa dinámica. No caso de Corcoesto a Xunta de Galiza fai renuncia do seu papel garantista e regulador e alíase abertamente coa empresa, retorcendo e pervertendo as normas para que se adapten ás esixencias do espoliador: o único que esixe é que cando Edgewater se vaia e quedemos co espazo físico arruinado, todo o ocorrido pareza un accidente. “A mina? Que mina?” A Xunta e os concellos afíns actúan coma un matón a soldo que non protexe senón que traizoa os seus
administrados, un goberno que non ten os pés na terra, senón que se deixa arrolar pola propaganda de Edgewater e mesmo a multiplica.

Permitir que unha empresa especuladora veña destruír os nosos petóns e fragas, contaminar o Anllóns e os acuíferos subterráneos, construír balsas tóxicas como as que contaminaron o Danubio en Romanía en 2000 (idéntica á proxectada para Corcoesto), en Hungría en 2010, ou en Andalucía en 1998, para enriba fuxir co ouro co que se elaboraron os torques e as xoias dos nosos castros, empregándonos como gancho para captar investidores nos mercados internacionais, equivale a permitir que saqueen pedra a pedra o Pórtico da Gloria.

A oposición aos embustes, a defensa da terra e da sostibilidade, incluída a laboral para esta xeración e as seguintes, así como a defensa da dignidade cidadá fronte aos que nos queren tratar como unha colonia, lévannos a pedir a paralización da explotación mineira a ceo aberto de Corcoesto.

COLECTIVOS QUE APOIAN O MANIFESTO:

Asociación ecoloxista Verdegaia
Asociación ecoloxista ADEGA
Colectivo GNSV
Rede de Dereitos Sociais d'A Corunha
Asociación de defensa medioambiental Salvemos “Monteferro”
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido"
Véspera de Nada, asociación por unha Galiza sen petróleo
Colectivo Ecoloxista Luita Verde
Asociación ecoloxista ERVA.
Federación Ecoloxista Galega
Asociación Xuvenil Flor de Toxo (Ribeira)
Dios Ke Te Crew (Colectivo Hip Hop)
Asociación Socio-Cultural O Iríbio
Asociación de Veciños Monte Caldeirón
Asociación pola Defensa da Ría (Pontevedra)
Plataforma Filón Verde
Asociación Amigos da Terra.
2nafronteira, dúo musical de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.
PARTICULARES:
Carme Adán Villamarín, deputada no Parlamento Galego.
Marilar Aleixandre, escritora.
Pedro Alonso, portavoz de ERVA.
Carlos Alberto Alonso Iglesias, director de cine.
Xosé Carlos Álvarez Florez, profesor.
Francisco Xesús Alvedro López, Editor-Xefe de Cadernos de Comunicación e
Análise.
José Manuel Andrade Calvo, profesor da Universidade da Coruña.
Maruxa Barrio Val, escritora e profesora.
Xosé Manuel Beiras Torrado, político.
Justo Beramendi González. Catedrático emérito de Historia Contemporánea da
Universidade de Santiago de Compostela.
Henrique del Bosque, avogado e ensaista.
Lino Braxe, escritor, actor e director de teatro Xurxo Borrazás, escritor e profesor
Begoña Caamaño Rascado, xornalista e escritora.
Pedro Calaza Martínez. Doutor Enxeñeiro Agrónomo.
Comba Campoy, actriz e xornalista.
Covadonga Carrasco López. Arquitecta.
Rubén Cela, concelleiro en Compostela.
Ubaldo Cerqueiro García. Editor do xornal Que Pasa na Costa.
Xosé Collazo Castro, activista social.
Damián Copena Rodríguez. Economista e investigador da Universidade de Vigo.
Xoan Costa, presidente da AS-PG.
Diego Cousillas Novo, escritor e profesor.
Mario Crecente Maseda. Doutor Arquitecto.
José Crespí Rodríguez. Arquitecto paisaxista.
Juan Creus Andrade. Doutor arquitecto e Profesor da Universidade de A Coruña.
Marta Dacosta, poeta.
Xoán Díaz, funcionario e escritor. Filipe Díez, profesor e editor.
Antón Dobao, escritor.
Xoán Doldán, profesor titular de Economía aplicada, ex-director do INEGA.
Xan Duro, activista ecoloxista. Xavier Estévez Montoto, actor.
Olaia Fernández Davila, deputada no Congreso.
Francisco X. Fernández Naval, escritor.
Agustín Fernández Paz. Escritor.
Ruben Fernández Sánchez; Milpedras, taller de litografía
María José Fernández Sanjurjo. Profesora de edafoloxía da Universidade de
Santiago de Compostela.
Celso Fernández Sanmartín, escritor e contacontos.
Cristina García Fontán. Arquitecta e Profesora da Universidade da Coruña.
Henrique Harguindey Banet, escritor e tradutor.
Isabel Iglesias Díaz. Doutora en bioloxía e profesora da Universidade de Santiago
de Compostela.
Francisco Jorquera, deputado no Congreso.
Alfonso Láuzara Martínez, poeta
Amancio Liñares Giraut. Profesor, escritor e editor.
Maribel Longueira Mira, fotógrafa
Manuel Martínez Barreiro. Coordinador de edición e analista político.
Antón Masa Vázquez, Dr. en Ciencias Biolóxicas, Investigador do CSIC na Misión
Biolóxica de Galicia, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra
(APDR).
Xosé Masa Vázquez, catedrático da USC.
Juan A. González Pérez. Concelleiro de Nigrán (Pontevedra) e Deputado
Provincial.
Miguel Mato, escritor.
Ana Miranda Portas, eurodeputada.
Xosé Lois González, " O Carrabouxo", humorista
Manuel Monge González, sociólogo.
Vicente Montoto, actor.
Serxio Moreira, músico.
Teresa Moure Pereiro, profesora da USC e escritora.
Carlos Negro, escritor.
Lucía Novas, poeta.
Craig Patterson, presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
Cándido Pazó, escritor.
David Peón Pose. Economista e profesor da Universidade da Coruña.
Dionísio Pereira (historiador)
Manuel Portas, escritor.
Omar Rabuñal Varela, actor e director.
María Reimóndez, escritora.
X. H. Rivadulla Corcón, escritor.
Guadalupe Rodríguez, Activista e investigadora de Salva la Selva.
Gastón Rodriguez , músico.
María Inmaculada Romero Buján. Doutora en bioloxía e profesora da Universidade
de Santiago de Compostela.
Xesús Ron Pereiro, actor do grupo Chévere, director de teatro e xestor cultural.
Francisco Sampedro Ojeda, ensaista.
Carlos Santiago, escritor, dramaturgo e músico galego.
Manoel Santos, membro de Altermundo Galiza.
Xosé Luís Santos Cabanas, escritor.
Séchu Sende, escritor.
Xavier Simón Fernández. Economista, profesor da Universidade de Vigo e Director
do Grupo de Investigación de Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía.
Elvira Souto, escritora e professora universitaria.
Paco Souto, poeta.
Carlos Taibo, professor de Ciência Política, UAM.
Ramón Trigo, artista plástico.
Pablo Vaamonde, médico e xornalista.
Marga do Val, escritora e tradutora.
Carlos Velasco Souto. Profesor da UDC e historiador.
Miro Villar. Escritor e Profesor de Secundaria.
Horacio Vixande, xornalista.

Foto: QPNC - Ato da Plataforma com Xoan Doldán em Corcoesto.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.