Xosé Barro e Pepe Galán facendo soar as bocixas daban por iniciada a rolda de prensa.
Xosé Barro, para chamar ao evento explicou que; "A crise está sendo a excusa perfecta, empezaron polo naval e agora veñen contra todos... veñen empresa por empresa, casa por casa, a crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía". Por iso a "Burla Negra" transfórmase agora en Radio Buguina para facer este chamamento á cidadanía.
Acto seguido, María Manuela, Manolo Bacallao, e Xurxo Souto, interpretaron a canción de Zeca, Os Vampiros "Eles Comem Tudo"
O escultor Pepe Galán, deu lectura ao Manifesto, que instantes máis tarde, o escritor Antón Cortizas, facendo alarde do seu enxeño literario o leu ao revés, sen que este perdese a súa carga emocional.
"Chamamos a continuar este monumento á dignidade, cada quen coa súa peza de routa, batas de sanidade, batas da limpeza, batas de laboratorio ou batas de casa, xerseis, pantalóns, blusas, uniformes, chaquetas, cazadoras, traxes, mesmo a roupa das nosas crianzas, todo aquelo ao fin que pola súa forma e colorido é digno de ser pendurado, todo o que tivo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegue a conmovernos"
A continuación, Xosé Barro quixo deixar constancia de que o que máis os estaba a encher deste evento é a converxencia social acadada para poder levar a cabo esta "acción artística popular" nomeando a todos os sindicatos, partidos e colectivos sociais que organizaban o mesmo
Para rematar o acto, todos xunt@s cantamos a canción "Embarqueime na Coruña para ir ao Ferrole"
Gravando o make-in-off en video, o grande Xosé Bocixa.
Fonte: Susete / Carga de Dignidade.