O vídeo mostra o abandono do edifício que serve de residência de pessoas idosas no bairro de Carança, em Ferrol.
NA RESIDENCIA DE MAIORES DE CARANZA DEPENDENTE DA XUNTA DE GALIZA ROMPEN OS CANOS DE AUGA QUENTE E INUNDA-SE O CENTRO DE FORMA CASE DIARIA
A causa da rotura das cañarías ven provocada pola subida de temperatura da auga quente para previr a lexionelose nos centros públicos e que os tubos non aguantan e van rompendo pouco a pouco. Se o incidente ocurre pola semana os servizos de mantemento son capaces de solucionar a avaría no momento, pero se a rotura acontece en fin de semana ou pola noite o incidente remata en inundación co perigo para traballadores/as e usuarios/as de rotura de falsos teitos, levantamento de chan, perigos eléctricos, ...(como ven podedes observar no video-denuncia do que achegamos enlace).
Este problema arranca de fai 6 anos con roturas esporádicas pero é a partir de maio de 2010 cando as roturas se xeralizan, pero os e as traballadores/as do centro confían na solución do problema porque de maio a decembro está unha empresa facendo cambio de cañarías.
As obras de reparación rematan e as inundacións seguen a producirse: 21 de febreiro, 10 de marzo e 14 de marzo. Ante esta inactividade da Administración a cadro de persoal decide facer denuncia pública da precaria situación dun servizo público e da posible repercusión na súa saude laboral.
Polo que pedimos:
Implantación de medidas preventivas urxentes mediante unha avaliación de riscos e a adopción das necesarias medidas de seguridade.
Solución definitiva das avarias para que o servizo público de atención a persoas maiores funcione con plena calidade.
Depuración das responsabilidades administrativas e políticas por non ter solucionado a tempo este problema.
Non vamos a consentir o abandono dos servizos públicos para xustificar unha posible entrega a mans privadas amigas ou coñecidas.
Entanto non se solucione este grave problema teremos concentración todos os mercores ás 11:30 horas diante da porta principal da residencia de Caranza.
SERVIZOS PUBLICOS E DE CALIDADE : http://www.youtube.com/watch?v=u2lcAgLkS78
CIG ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA COMARCA DE FERROL.