Tal e como estaba previsto, tralas manifestacións deste Primeiro de Maio, medio de cento de solidarios, amigos e familiares dos presos e presas políticas, asistiron á comida organizada polo COMITÉ DE SOLIDARIEDADE. Tratábase de reivindicar a Amnistía Total, mais tamén, como dixo unha compañeira do COMITÉ, de "denunciar unha represión que non lles afecta unicamente aos presos ou aos militantes revolucionarios senón que se está a estender ao conxunto do movemento popular".
Rematado o xantar e a intervención da compañeira, sorteouse unha reprodución do Guernika de Picasso feita polo preso político dos GRAPO Suso Cela Seoane.
Ás seis da tarde foi a quenda de Mini e Mero, acompañados para a ocasión de dúas fermosas voces e un excelente violinista que tampouco quixeron faltar á cita. Preto de 100 persoas ateigaron o Bar Faluya que cedeu desinteresadamente o local durante toda a xornada. Os fundadores de Fuxan os Ventos e membros na actualidade do grupo A Quenlla, deleitaron aos asistentes cos súas cancións, coa súa poesía; con esas voces e esas melodías que non deixan indiferente a ninguén. Houbo ocasión tamén para o humor e, como non, para a denuncia da opresión nacional e social que padece a nosa patria, Galiza.
En definitiva, un Primeiro de Maio inesquecíbel ao que lle puxo a guinda a noticia da liberación (baixo fianza de 3000 euros) do preso político galego Miguel Nicolás.
No nome do COMITÉ, grazas a todos e todas e Benvido Miguel!
Fonte: Comité de Solidariedade.