1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)


Fonte: O Fervedoiro

Evento na Agenda da Liberdade

Voltamos fixar rumbo a Memoria, para non sermos parte da pota do esquecemento na que nos queren cociñar a todas/-os. Manifestando deste xeito o noso absoluto rechazo o seu pacto de silencio e pretendendo pór en valor a recuperación da dignidade esnaquizada.

Por iso a nosa teima quixo que o Roteiro da Memoria teña continuidade un ano máis.  Así, o vindeiro sábado 22 de decembro dende a cerna do casco urbano e pasando, entre outros lugares, pola simbólica Ponte Taboada os nosos pasos voltarán sobre o escuro pasado da Longa Noite de Pedra.

A saída está prevista para ás 10.30 da mañán dende a praza das Árbores (Cuntis). Nos vindeiros días achegaremos a programación máis detallada. Podemos adiantar que ao remata haberá xantar de confraternización (para máis info poñerse en contacto a través do correo: ofervedoiro@hotmail.com).

Aquí vos deixamos o vídeo realizado dende o noso colectivo con motivo do II Roterio da Memoria. A nosa pequena e humilde homenaxe as víctimas da brutal represión fascista.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora