1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

4313193969 08251dc9ff zGaliza - MCL/DL - [Manuel Casal Lodeiro] Este texto forma parte do libro A Esquerda ante o colapso da civilización industrial, que o autor publicará en decembro, finalmente da man da Asociación Véspera de Nada, e actualmente en fase de financiamento popular en http://esquerda.colapso.info/doku.php?id=crowdfunding


Foto de allispossible.org.uk (CC by-sa/2.0/) - "A má notícia é que nom há combinaçom de energias capaz de salvar o vazio se as avaliaçons sobre picos som corretas. Haverá umha terceira, e derradeira, crise energética global. Fará pequenas as crises anteriores. Resultará numha fratura económica profunda. O desafio para a civilizaçom humana será como reconstruir o futuro pós-pico". Jeremy Leggett.

No contexto histórico do colapso civilizatorio no que nos estamos a adentrar cobran anovada relevancia dúas dimensións do pacifismo, que se configura de novo necesariamente como ecopacifismo.

A primeira é o pacifismo como movemento internacional, contra a vía bélica/imperialista de resolución de conflitos, cuxa probabilidade aumenta a medida que os recursos deixan de chegar para todos. Só desde un escenario de alta probabilidade de conflitos (internos e externos) é como se pode interpretar a especial e pouco disimulada atención que os estamentos militares de numerosos países están a prestar —vaia, eles si!— á cuestión do Peak Oil1. Tamén neste sentido é especialmente importante o movemento pacifista coma un movemento polo desarme. É significativo que o libro que Richard Heinberg adicou a explicar o Protocolo do Esgotamento do Petróleo proposto por Colin Campbell, leve o subtítulo de Un plan para previr guerras, o terrorismo e o colapso económico. Así, o tradicional internacionalismo proletario das esquerdas viría ben substituírmolo por un internacionalismo a un tempo pacifista e posproletario, máis achegado a loitas labregas coma o dereito á terra, e a soberanía alimentar ao estilo da Vía Campesina, un dos movementos internacionais máis interesantes das últimas décadas2.

A segunda sería a relación entre o pacifismo entendido coma non-violencia, coma estratexia gandhiana ou luterkinguiana, e a desobediencia/resistencia/defensa civil como ferramenta de loita política que nos remonta a Henry Thoureau, e nese sentido a ideoloxías libertarias3. De feito, lémbranos xente coma Ted Trainer ou Joám Evans que o propio pacifismo de Gandhi ten uns aspectos antiindustriais e protoagroecolóxicos moi acaídos aos novos tempos: por exemplo chegaba a dicir que “os tractores e os fertilizantes químicos significarán a nosa ruína”4. Así é que activistas inspiradas por Gandhi, coma a ecofeminista india Vandana Shiva, levan practicando, como moitas outras nos países empobrecidos, unha desobediencia civil en defensa da soberanía alimentar dos seus pobos5. Aquí unha mostra relevante parécenme ás chamadas á desobediencia que en ocasións parten dalgunhas esquerdas institucionalistas (no noso país témosllo escoitado á Beiras e Noriega, e en Cataluña ás CUP) e dalgúns dos movementos sociais que saliento neste libro, como as iniciativas nesta dirección de Enric Duran, cuxo colectivo usa o termo desobediencia integral6 que tamén achamos noutros autores coma Carpintero e Riechmann7, no que podemos percibir ecos do concepto de defensa social así como das ideas de Gene Sharp, un teórico da acción revolucionaria non-violenta, non exento de polémica pero de moi notable influencia en movementos contemporáneos por todo o mundo. 

Pero de maior calado me parecen reflexións coma as de César Caramês que apuntan a un xurdimento espontáneo e non organizado da violencia popular nun escenario de conflito xeralizado entre o capitalismo (co seu instrumento estatal) e o pobo:

O sujeito que inaugurou a idade contemporânea irrompendo na história coa revoluçom francesa, o povo em armas, continua a intimidá-lo. A força dessa ideia motriz durante os últimos dous séculos foi mudando de representaçons e amostra nas vanguardas armadas a mais recente e avougada. Porém, nesta época de necessária resignificaçom e horizontalizaçom das expressons políticas, nom ia ficar intacta umha parte tam importante do imaginário colectivo. O povo em armas já nom aparece reflectido em encapuzados a lerem manifestos militaristas, nem sequer para os segmentos mais ideologizados da populaçom occidentalizada. Pola contra, qualquer vinculaçom desse arquétipo cos represaliados e presos políticos beneficia a legitimaçom do Estado. Endebém, sim que axeja timidamente nas acçons que agredidos anónimos realizam para vingar-se dos que já som percebidos pola sociedade como culpáveis impunes diante da lei do Estado. Velaí o questionamento mais básico do monópolio da violência estatal e da sua legitimidade, a justiça pola mao. Cotejar a recepçom social da violência defensiva de preferentistas, vizinhança, despejados e trabalhadores, mesmo da morte da presidenta de León ou do atentado com bombonas contra a sede do PP, coas acçons atribuídas a qualquer seródia vanguarda armada, dá-nos a chave. O contágio destas respostas entre os agraviados estarrece muito mais o Estado que qualquer acçom simbólica desde linguagens e pressupostos ideológicos que a populaçom nom partilha ou nom entende. 

E nese sentido adquire unha nova dimensión a proposta abandeirada especialmente polo feminismo de que “o persoal é político”. A violencia exercida como autodefensa ante as situacións micro derivadas do colapso macro polos individuos sería entón tamén violencia política, e non deberiamos eludir analizala como tal. Mesmo diversos propoñentes da non-violencia consideran as sabotaxes sen danos humanos como incluídas dentro desta categoría. Carlos de Castro é un científico que adoita abordar esta cuestión no contexto das súas modelizacións do colapso en ciernes, e afirma que o conflito violento “será inevitable” coas elites suicidas-omnicidas, e xordirá inevitablemente o dilema estratéxico de se as esquivarmos ou as eliminarmos8. Joám Evans apunta cara á relevancia desta autodefensa popular no contexto histórico que se está a abrir9:

(…) um contexto de crise sistémica prolongada (...) para alguns legitima uma renovada barbárie extrativa e reindustrializadora, geradora de inumeráveis conflitos. Mas perante a incapacidade da violência para solucionar os conflitos, o que cabe questionar são as ferramentas das que nos dotamos para enfrentá-los. A defesa social oferece um modelo alternativo que, organizado seriamente, representa uma força estratégica contundente e mesmo dissuasória, tanto para enfrentar uma multinacional mineira na Galiza de hoje como para repelir uma agressão externa ou opressão interna na Galiza independente do amanhã.

Oscilando entre as respostas gandhianas non-violentas e a defensa/resistencia/vinganza violenta contra o poder10, xa diciamos na Guía para o descenso enerxético11 que non vai quedar outra que rematar desobedecendo leis propias dun mundo que ademais de ser inxusto está a colapsar, cando ese mundo deixe de existir ou se identifique como un atranco para o nacemento das novas civilizacións locais e autosuficientes, ou simplemente como un impedimento para a vida. E entre as leis que teremos que desobedecer non pensemos que se vai tratar tan só dunha insubmisión fiscal ou da desobediencia dos concellos diante dos atrancos impostos por instancias centrais do Estado. Falamos mesmo da necesidade nun futuro, se cadra non moi lonxano, de desobedecermos recrutamentos forzosos para os exércitos, levas en toda regra á procura de carne de canón12. Sexamos claros: se queremos ser tan resilientes como cumpriría ser nesta situación histórica, non poderemos respectar todo o entramado legal do Estado-capitalismo13. E iso vai levar a conflitos violentos de orixe política con toda probabilidade. De feito, xa é algo “inevitable” na Galiza de hoxe, como nos di Caramês, mentres advirte contra o perigo da súa reivindicación/organización en parámetros doadamente desactivables polo Estado sobradamente treinado contra o satán terrorista14. Pero iso non quita, ao meu ver, para que poida e deba ser modulada esa potencial violencia pola consciencia acerca da situación de colapso civilizatorio desgobernado que hai por tras das expresións de violencia estrutural diante das que o pobo responder. Na medida en que o pobo coñeza a situación e o que pode agardar do futuro (aquí o papel comunicativo e propagandístico da esquerda resulta fundamental) poderá reorientar a súa resistencia —for pacífica ou non— cara outro fin común do máximo valor: a construción e defensa dunha nova civilización, dun novo xeito de vida e de relación co noso entorno e coa posteridade15.

O propio Estado xa leva tempo a tomar posicións contra estes ineludibles escenarios de exacerbada conflitividade social, propios dunha crise que lonxe de rematar non fará máis que profundar ata rematar nun novo tipo de modelo económico-social. Velaí temos unha tendencia internacional que podemos remontar como tarde ás mudanzas lexislativas nos EUA a raíz dos atentados do 11 de setembro de 2001 e que chega ata a Lei de Seguridade Cidadá aprobada polo goberno español en decembro de 2014. É a configuración dun Estado policial-militar cada vez menos disimulado e que demostra que na axenda da dereita si que se prevén colapsos e revoltas dunha escala sen precedentes. Fainos ver Iolanda Mato que esta nova lei orgánica recupera para a batalla semiótica un termo “funesto”, o de Seguridade Nacional, que16 caraterizou as políticas de violação sistemática dos direitos humanos na América Latina que emanaram da “Escuela de las Américas”. A nova lei não apenas recolhe o espírito mas também a letra daquela doutrina, procurando dar impulso a “una cultura de Seguridad Nacional que implique al ciudadano” e criando um novo estado de excepção, sob a designação “situación de interés para la Seguridad Nacional”, que foge às previsões constitucionais e que pretende dar sustento legal a uma militarização da sociedade que vêm de atrás.”

A perda de dereitos e liberdades civís acompaña así o devalar non só do Estado do Benestar senón o propio proceso de colapso civilizatorio, caracterizado sen dúbida algunha polos poderes políticos e económicos coma unha época inminente de enorme inseguridade e conflitividade. Como, se non, se poden comprender as cada vez máis frecuentes manobras dos diversos exércitos orientadas a xestionaren conflitos civís e de tipo loita urbana contrainsurxente17? É a xestión militar da catástrofe civilizatoria18 coa apocalipse zombi coma modelo. Dicía Antonio Turiel (en una lista de debate) que “la obsesión por el apocalipsis zombie parece una sublimación del escenario que muchos ven ya como el más probable. Es la expresión inconsciente de un modelo social fracasado que no ve otro camino que la lucha de todos contra todos.” E Doldán engadía: “la amenaza zombi —los muertos vivientes— son las masas de gente famélicos hasta el punto de comerse entre ellos, mientras que hay que proteger a los verdaderos humanos (los no muertos de hambre: recuerda esto a otros tiempos en que determinados pueblos eran considerandos no humanos). El fin lo indican ellos mismos: ayudar a las autoridades civiles en el mantenimiento de la ley y el orden y restablecer los servicios básicos durante y después de un ataque zombie. ¿Será este el modo que tienen previsto para adaptarse a la nueva situación?”. Pedro Prieto poñía o seu habitual sarcasmo ao asunto: “O lo que es lo mismo: ustedes, mercenarios de los ejércitos occidentales, vayan acostumbrándose a ver innúmeras caras de tipos famélicos (eso son los zombies y no las muñequitas anoréxicas de las pasarelas) acercándose y queriendo comer lo que sea, incluso su cuerpo serrano. Y aunque disparen a troche y moche y los destruyan, háganse a la idea de que el resto de su vida consistirá en seguir disparándolos sin cesar, por que sus oleadas no tienen (no tendrán) fin. Surgen del inframundo y son nada menos que siete mil millones mal contados; más que las balas de toda la OTAN.”19 E por se a nosa imaxinación non alcanzaba para adiviñar quen imos ser o zombis nesta película que se prepara, xa nos van deixando ver anacos do guión por escrito20. 

Eu tan só deixo un par de apuntamentos máis, vinculados ao meu ver con esta cuestión: se esta é a actitude das elites —unha política que só pode levar ao suicidio21—, xorden voces que expoñen a necesidade ineludible de eliminar as elites xa non para crear un modelo socioeconómico máis xusto, como era o caso do insurrecionalismo clásico de esquerda, senón pura e simplemente como autodefensa para a supervivencia. É, se cadra, a oportunidade da revolución dentro dun escenario de guerra civil, un dos que nos debuxan os estudos militares acerca do colapso civilizatorio que menciona Afonso Fernandes, xunto co de guerra internacional e ditadura22. E, finalmente, pregúntome con alarma: é esa deshumanización de quen consideramos o inmigo/ameaza o que tamén atopamos da banda dos revolucionarios por tras de expresións con ominosas connotacións antidemocráticas como os seres-nada de Félix Rodrigo Mora, un dos propoñentes da denominada Revolución Integral?


1. Afonso Fernandes: “O Pico do petróleo e os exércitos”, Sermos Galiza nº 134 (caderno de análise A Fondo, 19/02/15).

2. Lémbranos Teresa Moure que a soberanía alimentar é central tamén para o movemento ecofeminista, en Politicamente incorreta: ensaios para um tempo de pressas, Através (2014), p. 28.

3. Temos unha posta ao día da cuestión, relacionándoa co colapso e con sistemas defensa non centralizados, en Joám Evans: “Alternativas à defesa militar”, Sermos Galiza nº 134 (caderno de análise A Fondo) (19/02/15).

4. Ted Trainer: A limits to growth critique of the radical left: The need to embrace the simpler way, Simplicity Institute. URL: http://simplicityinstitute.org/wp-content/uploads/2011/04/LimitsToGrowthCritiqueofRadicalLeftSimplicityInstitute.pdf  E com. pers. de Joám Evans (03/02/2015) quen, ademais de militar no Partido da Terra e en Véspera de Nada, é Diretor do Center for Global Nonkilling e ten escrito interesantes artigos sobre a vixencia de Gandhi, por exemplo “Gandhi na eira: Insurgência económica e soberania sem Estado”, O Golpe, nº 2 (Economía e crise).

5. “Praticamente em cada um dos territórios do planeta empobrecidos pelo capitalismo tem surgido uma resposta feminista ligada á defesa da terra”. Moure: Politicamente incorreta, op. cit., p. 29.

6. Esther Sancho: “Deu exemples de desobediència civil pacífica de cara al 9-N”, El Crític (05/11/2014).

7. Riechmann & Carpintero (2014): “¿Cómo pensar las transiciones poscapitalistas?” en Alberto Matarán, Jorge Riechmann y Óscar Carpintero (coords.): Los inciertos pasos desde aquí hasta allá: alternativas socioecológicas y transiciones poscapitalistas, Universidad de Granada / CICODE.

8. Falou do tema nas xornadas Experiencias Transitivas na UNAM (24/04/2014).

9. Evans: “Alternativas à defesa militar”, op.cit.

10. Ao avaliarmos esa oscilación non podemos perder de vista que, como se explica no documental End:Civ de Fraklin López (2011, http://submedia.tv/endciv/), se funcionou a estratexia de Gandhi para a independencia da India puido ser en boa parte debido á existencia paralela dun importante movemento de resistencia violento contra o ocupante británico.

11. Publicada pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo (2013): http://galiza.pospetroleo.com

12. Evans: “Alternativas à defesa militar”, op.cit.

13. Un entramado que, por descontado, cómpre loitarmos por mudar de tal xeito que o adaptemos ao novo contexto civilizatorio. Para Xoán Doldán é “imprescindíbel un cambio institucional radical, coa construción de novas institucións e a presión sobre as existentes para cambiar o ordenamento xurídico, de modo que non sexan prioritarios os intereses privativos dos grandes conglomerados empresariais e si os intereses sociais á hora de explotar os recursos enerxéticos existentes, dado o seu carácter estratéxico cada vez maior” (“A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza”, en Xan Duro e Xoán Hermida (coords.): Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia, OBenComún, 2015).

14. E non podemos esquecer que, como ben di Will Potter (Green Is the New Red, 2011), “os/as verdes son os/as novos/as vermellos/as”. É dicir, a etiqueta de terroristas aplícase dunha maneira crecente ás loitas pola defensa do medio natural. Na época do protocapitalismo (s. XV-XVII), a etiqueta utilizada polo poder fora a de bruxas (Ramón Fernández Durán & Luis González Reyes, 2014: En la espiral de la energía, Libros en Acción / Baladre. URL: http://www.ecologistasenaccion.org/article29055.html, pp. 218-222).

15. Dous textos que me parecen especialmente salientables ao respecto da resposta social violenta son: A Insurreição que vem do Comité Invisible (orixinalmente publicada en francés en 2007) e “A única saída é a violência”, de Osvaldo Bayer en O Golpe nº 1, Política e Crise (2012).

16. Iolanda Mato: “Militarizando a sociedade: o caso das mulheres”, Sermos Galiza nº 134 (caderno de análise A Fondo) (19/02/15).

17. Joan Cantarero: “La Policía Militar entrena a soldados para actuar como antidisturbios ante población civil”, Público (04/11/2014). Tamén, Nafeez Ahmed: “Pentagon bracing for public dissent over climate and energy shocks”, The Guardian (14/06/2013).

18. Iván Gil: “'Conop 8888', el informe que demuestra que el Pentágono trabaja en 'el día después'”, El Confidencial (19/05/2014).

19. Sobre o significado sociopolítico da alegoría zombi xa escribira eu algo varios anos antes de coñecer a ameaza entrópica que se cernía sobre a nosa civilización: “Interpretación sociopolítica del regreso de los zombis” (orixinalmente publicado no desaparecido webzine REDsistencia).

20. O listado oficial de zombis témolo por exemplo en Nafeez Ahmed: “Defence officials prepare to fight the poor, activists and minorities (and commies)”, The Guardian (13/06/2014).

21. Nafeez Ahmed: “Nasa-funded study: industrial civilisation headed for 'irreversible collapse'?”, The Guardian (14/03/2014).

22. Afonso Fernandes: “O Pico do petróleo e os exércitos”, op.cit. A perspectiva dunha revolución internacional anticapitalista favorecida polo colapso capitalista e polo caos climático (“revolucións no abismo”) tamén está presente en Fuentes Muñoz (2015a), aínda que distorsionada por unhas optimistas estimacións acerca da capacidade de carga do planeta.

No contexto histórico do colapso civilizatorio no que nos estamos a adentrar cobran anovada relevancia dúas dimensións do pacifismo, que se configura de novo necesariamente como ecopacifismo.
 
A primeira é o pacifismo como movemento internacional, contra a vía bélica/imperialista de resolución de conflitos, cuxa probabilidade aumenta a medida que os recursos deixan de chegar para todos. Só desde un escenario de alta probabilidade de conflitos (internos e externos) é como se pode interpretar a especial e pouco disimulada atención que os estamentos militares de numerosos países están a prestar —vaia, eles si!— á cuestión do Peak Oili. Tamén neste sentido é especialmente importante o movemento pacifista coma un movemento polo desarme. É significativo que o libro que Richard Heinberg adicou a explicar o Protocolo do Esgotamento do Petróleo proposto por Colin Campbell, leve o subtítulo de Un plan para previr guerras, o terrorismo e o colapso económico. Así, o tradicional internacionalismo proletario das esquerdas viría ben substituírmolo por un internacionalismo a un tempo pacifista e posproletario, máis achegado a loitas labregas coma o dereito á terra, e a soberanía alimentar ao estilo da Vía Campesina, un dos movementos internacionais máis interesantes das últimas décadasii.
 
A segunda sería a relación entre o pacifismo entendido coma non-violencia, coma estratexia gandhiana ou luterkinguiana, e a desobediencia/resistencia/defensa civil como ferramenta de loita política que nos remonta a Henry Thoureau, e nese sentido a ideoloxías libertariasiii. De feito, lémbranos xente coma Ted Trainer ou Joám Evans que o propio pacifismo de Gandhi ten uns aspectos antiindustriais e protoagroecolóxicos moi acaídos aos novos tempos: por exemplo chegaba a dicir que “os tractores e os fertilizantes químicos significarán a nosa ruína”iv. Así é que activistas inspiradas por Gandhi, coma a ecofeminista india Vandana Shiva, levan practicando, como moitas outras nos países empobrecidos, unha desobediencia civil en defensa da soberanía alimentar dos seus pobosv. Aquí unha mostra relevante parécenme ás chamadas á desobediencia que en ocasións parten dalgunhas esquerdas institucionalistas (no noso país témosllo escoitado á Beiras e Noriega, e en Cataluña ás CUP) e dalgúns dos movementos sociais que saliento neste libro, como as iniciativas nesta dirección de Enric Duran, cuxo colectivo usa o termo desobediencia integralvi que tamén achamos noutros autores coma Carpintero e Riechmannvii, no que podemos percibir ecos do concepto de defensa social así como das ideas de Gene Sharp, un teórico da acción revolucionaria non-violenta, non exento de polémica pero de moi notable influencia en movementos contemporáneos por todo o mundo. 
 
Pero de maior calado me parecen reflexións coma as de César Caramês que apuntan a un xurdimento espontáneo e non organizado da violencia popular nun escenario de conflito xeralizado entre o capitalismo (co seu instrumento estatal) e o pobo:
O sujeito que inaugurou a idade contemporânea irrompendo na história coa revoluçom francesa, o povo em armas, continua a intimidá-lo. A força dessa ideia motriz durante os últimos dous séculos foi mudando de representaçons e amostra nas vanguardas armadas a mais recente e avougada. Porém, nesta época de necessária resignificaçom e horizontalizaçom das expressons políticas, nom ia ficar intacta umha parte tam importante do imaginário colectivo. O povo em armas já nom aparece reflectido em encapuzados a lerem manifestos militaristas, nem sequer para os segmentos mais ideologizados da populaçom occidentalizada. Pola contra, qualquer vinculaçom desse arquétipo cos represaliados e presos políticos beneficia a legitimaçom do Estado. Endebém, sim que axeja timidamente nas acçons que agredidos anónimos realizam para vingar-se dos que já som percebidos pola sociedade como culpáveis impunes diante da lei do Estado. Velaí o questionamento mais básico do monópolio da violência estatal e da sua legitimidade, a justiça pola mao. Cotejar a recepçom social da violência defensiva de preferentistas, vizinhança, despejados e trabalhadores, mesmo da morte da presidenta de León ou do atentado com bombonas contra a sede do PP, coas acçons atribuídas a qualquer seródia vanguarda armada, dá-nos a chave. O contágio destas respostas entre os agraviados estarrece muito mais o Estado que qualquer acçom simbólica desde linguagens e pressupostos ideológicos que a populaçom nom partilha ou nom entende. 
E nese sentido adquire unha nova dimensión a proposta abandeirada especialmente polo feminismo de que “o persoal é político”. A violencia exercida como autodefensa ante as situacións micro derivadas do colapso macro polos individuos sería entón tamén violencia política, e non deberiamos eludir analizala como tal. Mesmo diversos propoñentes da non-violencia consideran as sabotaxes sen danos humanos como incluídas dentro desta categoría. Carlos de Castro é un científico que adoita abordar esta cuestión no contexto das súas modelizacións do colapso en ciernes, e afirma que o conflito violento “será inevitable” coas elites suicidas-omnicidas, e xordirá inevitablemente o dilema estratéxico de se as esquivarmos ou as eliminarmosviii. Joám Evans apunta cara á relevancia desta autodefensa popular no contexto histórico que se está a abririx:
(…) um contexto de crise sistémica prolongada (...) para alguns legitima uma renovada barbárie extrativa e reindustrializadora, geradora de inumeráveis conflitos. Mas perante a incapacidade da violência para solucionar os conflitos, o que cabe questionar são as ferramentas das que nos dotamos para enfrentá-los. A defesa social oferece um modelo alternativo que, organizado seriamente, representa uma força estratégica contundente e mesmo dissuasória, tanto para enfrentar uma multinacional mineira na Galiza de hoje como para repelir uma agressão externa ou opressão interna na Galiza independente do amanhã.
Oscilando entre as respostas gandhianas non-violentas e a defensa/resistencia/vinganza violenta contra o poderx, xa diciamos na Guía para o descenso enerxéticoxi que non vai quedar outra que rematar desobedecendo leis propias dun mundo que ademais de ser inxusto está a colapsar, cando ese mundo deixe de existir ou se identifique como un atranco para o nacemento das novas civilizacións locais e autosuficientes, ou simplemente como un impedimento para a vida. E entre as leis que teremos que desobedecer non pensemos que se vai tratar tan só dunha insubmisión fiscal ou da desobediencia dos concellos diante dos atrancos impostos por instancias centrais do Estado. Falamos mesmo da necesidade nun futuro, se cadra non moi lonxano, de desobedecermos recrutamentos forzosos para os exércitos, levas en toda regra á procura de carne de canónxii. Sexamos claros: se queremos ser tan resilientes como cumpriría ser nesta situación histórica, non poderemos respectar todo o entramado legal do Estado-capitalismoxiii. E iso vai levar a conflitos violentos de orixe política con toda probabilidade. De feito, xa é algo “inevitable” na Galiza de hoxe, como nos di Caramês, mentres advirte contra o perigo da súa reivindicación/organización en parámetros doadamente desactivables polo Estado sobradamente treinado contra o satán terroristaxiv. Pero iso non quita, ao meu ver, para que poida e deba ser modulada esa potencial violencia pola consciencia acerca da situación de colapso civilizatorio desgobernado que hai por tras das expresións de violencia estrutural diante das que o pobo responder. Na medida en que o pobo coñeza a situación e o que pode agardar do futuro (aquí o papel comunicativo e propagandístico da esquerda resulta fundamental) poderá reorientar a súa resistencia —for pacífica ou non— cara outro fin común do máximo valor: a construción e defensa dunha nova civilización, dun novo xeito de vida e de relación co noso entorno e coa posteridadexv.
 
O propio Estado xa leva tempo a tomar posicións contra estes ineludibles escenarios de exacerbada conflitividade social, propios dunha crise que lonxe de rematar non fará máis que profundar ata rematar nun novo tipo de modelo económico-social. Velaí temos unha tendencia internacional que podemos remontar como tarde ás mudanzas lexislativas nos EUA a raíz dos atentados do 11 de setembro de 2001 e que chega ata a Lei de Seguridade Cidadá aprobada polo goberno español en decembro de 2014. É a configuración dun Estado policial-militar cada vez menos disimulado e que demostra que na axenda da dereita si que se prevén colapsos e revoltas dunha escala sen precedentes. Fainos ver Iolanda Mato que esta nova lei orgánica recupera para a batalla semiótica un termo “funesto”, o de Seguridade Nacional, quexvi
caraterizou as políticas de violação sistemática dos direitos humanos na América Latina que emanaram da “Escuela de las Américas”. A nova lei não apenas recolhe o espírito mas também a letra daquela doutrina, procurando dar impulso a “una cultura de Seguridad Nacional que implique al ciudadano” e criando um novo estado de excepção, sob a designação “situación de interés para la Seguridad Nacional”, que foge às previsões constitucionais e que pretende dar sustento legal a uma militarização da sociedade que vêm de atrás.”
A perda de dereitos e liberdades civís acompaña así o devalar non só do Estado do Benestar senón o propio proceso de colapso civilizatorio, caracterizado sen dúbida algunha polos poderes políticos e económicos coma unha época inminente de enorme inseguridade e conflitividade. Como, se non, se poden comprender as cada vez máis frecuentes manobras dos diversos exércitos orientadas a xestionaren conflitos civís e de tipo loita urbana contrainsurxentexvii? É a xestión militar da catástrofe civilizatoriaxviii coa apocalipse zombi coma modelo. Dicía Antonio Turiel (en una lista de debate) que “la obsesión por el apocalipsis zombie parece una sublimación del escenario que muchos ven ya como el más probable. Es la expresión inconsciente de un modelo social fracasado que no ve otro camino que la lucha de todos contra todos.” E Doldán engadía: “la amenaza zombi —los muertos vivientes— son las masas de gente famélicos hasta el punto de comerse entre ellos, mientras que hay que proteger a los verdaderos humanos (los no muertos de hambre: recuerda esto a otros tiempos en que determinados pueblos eran considerandos no humanos). El fin lo indican ellos mismos: ayudar a las autoridades civiles en el mantenimiento de la ley y el orden y restablecer los servicios básicos durante y después de un ataque zombie. ¿Será este el modo que tienen previsto para adaptarse a la nueva situación?” Pedro Prieto poñía o seu habitual sarcasmo ao asunto: “O lo que es lo mismo: ustedes, mercenarios de los ejércitos occidentales, vayan acostumbrándose a ver innúmeras caras de tipos famélicos (eso son los zombies y no las muñequitas anoréxicas de las pasarelas) acercándose y queriendo comer lo que sea, incluso su cuerpo serrano. Y aunque disparen a troche y moche y los destruyan, háganse a la idea de que el resto de su vida consistirá en seguir disparándolos sin cesar, por que sus oleadas no tienen (no tendrán) fin. Surgen del inframundo y son nada menos que siete mil millones mal contados; más que las balas de toda la OTAN.”xix E por se a nosa imaxinación non alcanzaba para adiviñar quen imos ser o zombis nesta película que se prepara, xa nos van deixando ver anacos do guión por escritoxx. 
 
Eu tan só deixo un par de apuntamentos máis, vinculados ao meu ver con esta cuestión: se esta é a actitude das elites —unha política que só pode levar ao suicidioxxi—, xorden voces que expoñen a necesidade ineludible de eliminar as elites xa non para crear un modelo socioeconómico máis xusto, como era o caso do insurrecionalismo clásico de esquerda, senón pura e simplemente como autodefensa para a supervivencia. É, se cadra, a oportunidade da revolución dentro dun escenario de guerra civil, un dos que nos debuxan os estudos militares acerca do colapso civilizatorio que menciona Afonso Fernandes, xunto co de guerra internacional e ditaduraxxii. E, finalmente, pregúntome con alarma: é esa deshumanización de quen consideramos o inmigo/ameaza o que tamén atopamos da banda dos revolucionarios por tras de expresións con ominosas connotacións antidemocráticas como os seres-nada de Félix Rodrigo Mora, un dos propoñentes da denominada Revolución Integral?

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.