1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

fgiGaliza - FGI - Denuncia identificaçons de perfil étnico.


O pasado 22/07, o Foro Galego da Inmigración presentou á corporación municipal da Coruña un Documento de Propostas que pretenden contribuir a solucionar os aspectos mais graves da difícil situación que viven as persoas migrantes por mor da actuación das forzas policiais e a falta de mecanismos para accederen en condicións de igualdade a diversas prestacións sociais

No seu escrito, o Foro subliña que a acreditación de residencia na cidade debe ser suficiente para as persoas en situación administrativa irregular poderen acceder a axudas de emerxencia, bolsas de comedor, servizos de asesoramento, bonobuses, servizos de garderia, rendas de solidariedade, etc.  nas mesmas condicións que o resto de residentes e salienta a inexistencia na Coruña de servizos específicos de atención ao colectivo de migrantes (asesoría xurídica, traballo social, axuda na tramitación de documentación, mediación na atención sanitaria e educativa, acceso a vivenda social, capacitación laboral, etc.).

Por outra parte, o documento do Foro fai referencia á necesidade de establecer un control político e cidadán sobre as actuacións –non raro agresivas e ilegais- de axentes da policía local contra o colectivo de inmigrantes, un problema reiteradamente denunciado nos últimos anos por vítimas e asociación de apoio ás persoas migrantes. O foro cita a frecuente extralimitación de axentes nas súas funcións, con detencións de persoas debido á súa situación administrativa (537 na Galiza en 2014 con ingreso en calabouzos policiais por cuestión relacionadas con esa situación), as identificacións e redadas de perfil étnico que, a pesar de prohibidas pola lei, continúan realizándose na Coruña e a existencia de ordenanzas municipais que son utilizadas para castigar o colectivo migrante (sobre taxas por comisos, procura en colectores do lixo, etc.).

Finalmente, o Foro cita o caso da identificación masiva levada a cabo por axentes da Policía Nacional no restauranteMamá África a principios do mes de xullo, coincidindo coa inminencia da partida dun vóo de deportación, unha actuación manifestamente ilegal e sobre a cal entende o Concello da Coruña debería pedir explicacións ao Subdelegado do Goberno.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.