1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

1 FronteirasA3Galiza - FGI - O Foro Galego de Inmigración, xunto con outros colectivos e persoas, promove entre o 25 e o 27 de Febreiro, a II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, con actos públicos formativos, informativos e revindicativos que se van desenvolver en A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo.


Neses actos vai participar a destacada activista valenciá, Ana Fornés  da Plataforma Estatal  polo Peche dos CIES, xunto con outras persoas en representación dos colectivos que promovemos estas actividades, que pretenden, segundo un Manifesto común que se lerá nos diferentes actos:
 
“Denunciar  que o  carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea faise cada vez  máis patente: a brutalidade policial contra as persoas migrantes na chamada  fronteira sur, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” avaladas pola nova  Lei de Seguridade Cidadá, o internamento en Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) ou as redadas racistas que teñen lugar cotiamente dan boa mostra diso.  Nesta II Semana Galega de Loita contra as Fronteiras, queremos de forma específica informar á cidadanía  e  facer denuncia pública  da terrible realidade  dos voos de deportación masiva ou “voos da vergoña.
 
Denunciar tamén que  as restricións e vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes, esténdense no caso galego ao labirinto institucional e burocrático no que  atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia. Aquí queremos de forma específica  informar á cidadanía e facer denuncia pública das dificultades de acceso que na Galiza están a ter ás persoas migrantes, mesmo ás comunitarias, aos servizos e prestacións sociais públicas.”
Os Actos e Actividades que compoñen esta II SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS son:
 
A CORUÑA  (25 DE FEBREIRO)
As  11:30 h  Concentración e  rolda de prensa diante da Subdelegación de Gobierno (Avda. La Marina, 23, 15001 - A Coruña). 
Ás  21:00h charla - coloquio no  local da Rúa  Marqués de Pontejos, coa activista Ana Fornés e o veciño desta cidada, de orixe nixeriana, Peter Onaghuise, que sufríu a violencia policial de forma directa.
 
SANTIAGO DE COMPOSTELA  (26-27 DE FEBREIRO)
As  18:00 h  Acto Público, Imaxina unha cidade con fronteiras, na Praza de Cervantes.
Ás  20:00h charla - coloquio  na  Casa de Xantar A Silveira, Rúa Cardeal Paia , coa activista Ana Fornés e con Leticia Castro Torres do Colexio Oficial de Educador@s Sociais de Galicia.
VENRES 27 DE FEBREIRO:
Ás 11:00h Concentración e Rolda de Prensa diante da oficina de Viajes Ecuador (do grupo empresarial de Air Europa), na Rúa do Horreo nº 19. (ao lado da Praza de Galicia).
 
LUGO  (27 DE FEBREIRO)
As  18:00 h  Concentración e  Lecturas antirracista  na Praza Maior.
 Ás  20:00h charla - coloquio no  local Sindical (Ronda da Muralla, nº 58), coa activista Ana Fornés e  Randi Montero, coordenador do Foro Galego de Inmigración en Lugo.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.