1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

221115 hospGaliza - CIG - A solicitude da CIG-Saúde chega despois de que os xefes/as de servizo manifestasen a súa “perda de confianza” na Xerencia da EOXI


A CIG-Saúde reclama a creación dunha comisión para abordar os problemas do novo hospital de Vigo que conte cunha composición máis ampla que permita escoitar as voces de todos/as os profesionais que están a sufrir as consecuencias do modelo de xestión e das condicións do traslado. A solicitude da central, que tamén demanda a convocatoria das comisións de participación cidadá, chega despois de que o Foro de Xefes/as de Servizo do centro médico manifestasen a súa “perda de confianza” no equipo directivo da EOXI.

Dende a federación de Saúde da CIG tamén consideran necesario que se convoquen os órganos de participación do propio hospital -a xunta técnico asistencial- e da cidadanía -as comisións de participación cidadá. A solicitude da central prodúcese cando o chamado Foro de Xefes/as de Servizo vén de manifestar a súa “perda de confianza” na Xerencia da EOXI de Vigo.

Lembran que as dificultades xeradas pola posta en marcha do centro médico foron denunciadas hai tempo polos/as traballadores/as da sanidade pública e pola cidadanía e que as causas do que está a pasar “teñen que ver co modelo de financiamento, construción e xestión do hospital a través dunha empresa concesionaria que traballa polos seus intereses, co consentimento da Consellería de Sanidade”.

Así, critican que as condicións nas que se efectuou o traslado, “priorizando o calendario vinculado aos intereses de tirar rédito político da súa posta en marcha”, contribuíu a agudizar o problema. “Nin o modelo de financiamento, construción e xestión do centro nin as condicións nas que se planificou o traslado -sen ter prevista a distribución dos profesionais nin garantida a presenza de recursos materiais en condicións de seguridade para pacientes e profesionais- foron criticadas polo Foro, que incluso xustificou os problemas até que, tal e como tiñamos denunciado na Inspección de Traballo desde este sindicato, estes eran de tal magnitude que obrigaron a paralizar o traslado”, indican.

Sosteñen que son precisamente os xefes/as de servizo os responsábeis de que o persoal dos seus servizos conten co material necesario para traballar con seguridade e con capacidade de dar resposta ás necesidades dos pacientes, e o fagan nunhas instalacións que, ademais de cumprir coa normativa legal, permitan facer o traballo en condicións dignas. “De non poder garantir as condicións das instalacións nin a presenza de medios axeitados terían que ser os primeiros/as en denuncialo e non permitir que se iniciara o traslado até que se cumpriran estas condicións”.

Recuperar a concesión

Tamén insisten en que se de verdade se quere solucionar os problemas da Área Sanitaria de Vigo, a Consellería de Sanidade ten que recuperar a concesión para o público, asumindo a xestión directa de toda a actividade que se realiza no hospital, tendo como único obxectivo os intereses dos pacientes e dotándoo dos recursos necesarios para garantir o seu funcionamento, como laboratorio central ou unidade de esterilización.

Ao mesmo tempo, entenden que a resposta dada polo conselleiro consistente en crear unha comisión técnica formada polos xefes/as de servizo e por persoal da Xerencia "é insuficiente" e que non garante a solución dos problemas. “Para xestionar todo isto necesitamos un equipo directivo que poña en marcha de solucións de verdade e que teña a capacidade de xestión e o respaldo político que permitan impoñer á concesionaria as reformas necesarias para comezar a solucionar os problemas”.

Ademais, consideran oportuno que a Consellería garanta o orzamento necesario para que, mentres non se consiga a recuperación para o público do centro, se poidan desenvolver as medidas necesarias para o funcionamento en condicións de seguridade. “Até o de agora só a profesionalidade, previsión e responsabilidade humana do persoal supliron, dentro do posíbel, esas carencias que dende os órganos de responsabilidade (xefaturas, dirección, Sergas) non foron capaces ou non quixeron ver”, rematan.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.