1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

55e3f0059cd55 cnq5q6oxaaepb7qGaliza - Praza - Unha nova fin de semana dramática cos lumes en Galicia. Desta vez, a provincia de Ourense foi a asolada polos incendios, especialmente o de Cualedro, cunhas 3.000 hectáreas arrasadas, segundo os cálculos actualizados pola Xunta este luns, ademais de veciños desaloxados, algún leve ferido e impactantes e tristes imaxes unha vez máis. No resto do territorio ourensán, dous focos en Viana do Bolo, outro en Manzaneda e algún máis no Barco de Valdeorras queimaron outras 700 hectáreas, 250 delas en Rede Natura.


Foto de @BrifLaza - O incêndio de Qualedro.

Tan só o incendio de Cualedro -que xa sufriu o lume máis importante de Galicia hai dous anos- arrasou máis do que ardeu en todo o país en 2014, o que fora o mellor exercicio da serie histórica -a Consellería de Medio Rural ofrece datos dende 1976-. Isto sucedera tras dous anos relativamente bos se son considerados en perspectiva -en 2012 arderon algo menos de 16.000 hectáreas e en 2013, algo menos de 20.000- e despois dun 2011 notablemente negativo, no que o lume arrasou máis de 42.000 hectáreas. Agora, 2015 empeza lamentablemente a sumar superficie para se situar tamén arriba no ránking. 

En Cualedro, o lume comezou a mediodía na aldea de Lucenza e estendeuse logo a municipios limítrofes como Baltar, Xinzo e Trasmiras e obrigou a un despregamento importante para uns traballos de extinción nos que colaborou a Unidade Militar de Emerxencias, que cooperaou cos medios da Xunta e de Medio Ambiente. 20 brigadas, 13 motobombas, 6 helicópteros, 9 avións, 9 axentes forestais e un técnico.

Moitos brigadistas, varios deles de forma voluntaria, traballaron arreo durante horas nun lume que cualificaron de "imparable" ou "alucinante", especialmente polo forte vento que dificultou os traballos de extinción e facilitou a rápida propagación das lapas. Pero tamén os veciños tiveron que colaborar para evitar que o lume arrasase as súas casas, xa que as lapas chegaron aos muros de varias propiedades en Gudín, Bouzo, Novás, Vilela, Moimenta ou Vilar das Lebres. Malia que o balance de perdas materiais non está confirmado, habitantes das aldeas falan xa de varias granxas destruídas, moitas delas cos animais dentro. 

A última hora do domingo, o incendio de Cualedro continuaba activo e xa superara esas 2.000 hectáreas, "o que o converte no primeiro Gran Incendio Forestal do ano en Galicia", segundo informou a propia Consellería de Medio Rural. En definitiva, unhas superficie semellante a 2.000 campos de fútbol, 2 quilómetros cadrados. Ademais, tamén seguía activo o lume rexistrado en Pradocabalos, Viana do Bolo, con máis de 210 hectáreas arrasadas. 

Ademais, aínda que activos, están xa controlados outros lumes como en Pexeiros (Viana do Bolo), Manzaneda, Cudeiro e O Barco de Valdeorras. En total, estes lumes arrasaron xa unhas 500 hectáreas. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.