Esta nova mobilización está marcada polos avances no eido antitouradas que se deron no último ano, especialmente após as eleccións municipais. Coruña e Sarria deixan de albergar touradas mentres que a Deputación de Pontevedra, principal valedora do lobby taurino nas últimas décadas, deixará de subvencionar a feira taurina de agosto.
Touradas fóra de Pontevedra ubica a reivindicación da fin do convenio como un dos eixes principais desta nova mobilización. Solicitan ao Concello de Pontevedra que volte a ser referencia na quita de privilexios ao lobby taurino e que, polo tanto, suprima o convenio coa praza mediante o cal estes reciben 45.000 anuais para o uso do coso de San Roque por parte da institución.
Na actualidade a mobilización leva recollido máis de 60 apoios de distintos colectivos e organizacións, perto dos 80 recibidos en 2014. Nestes días agardan igualar e incluso superar esta cifra.