1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

googlemapspraceres4Galiza - CNM - O incendio da gasolineira de Os Praceres deste mércores 4 de marzo xerou unha gran alarma social en Marín e Pontevedra pola espectacularidade e o perigo real para os habitantes e as vivendas limítrofes. Temos que felicitarnos pola actuación dos bombeiros e demais funcionarios públicos que actuaron con rapidez e eficacia evitando a propagación do lume.


Foto - Google Maps - Estaçom de serviço de Prazeres.

No en tanto, cómpre valorarmos e analizarmos a verdadeira situación de perigo na que estivo a poboación da contorna de Marín e Pontevedra xa que esta gasolineira está situada a menos dun quilómetro de distancia do complexo industrial Ence-Elnosa. O lume atallouse rápido mais o accidente de onte, de chegar a afectar os depósitos de combustíbel, podería ter uns efectos impredecíbeis pois hai que ter en conta que o complexo industrial conta con tanques de materiais inflamábeis e tóxicos como o Peróxido de hidróxeno e o Cloro.

Tendo en conta o perigo que correu a veciñanza durante o lume da gasolineira dos Praceres queremos facer públicas unha serie de cuestións: Activouse o plan de emerxencias exteriores de Ence-Elnosa? Están operativos todos os medios humanos e materiais para activar este plan de emerxencias?

Existe un plan de emerxencias, publicado na páxina web da Xunta, que debería ser de coñecemento público da poboación de Marín e Pontevedra. Segundo a lexislación vixente é responsabilidade da “autoridade competente” en colaboración coas industrias que as persoas afectadas por un posíbel accidente grave reciban información sobre as medidas de seguridade que deben tomarse e como actuar en caso de accidente.

Chega con preguntar a calquera veciñ@ de Marín ou Pontevedra para comprobar que o descoñecemento do plan de emerxencias é xeral. Alén de colgar o plan de emerxencias na web da Xunta, non se fixo nada para dar a coñecer á poboación como actuar, que facer, a onde ir ou non ir.

Desde o Colectivo Nacionalista de Marín demandan que se cumpra a lexislación e se dé publicidade a ese descoñecido plan de emerxencias para que sexa de coñecemento público e a poboación saiba como ten que actuar ante este tipo de eventualidades. Aproveitan tamén para reivindicar unha vez máis o desmantelamento do complexo industrial Ence-Elnosa, pois o accidente da gasolineira de Os Praceres é unha pequena mostra do desastre que pode suceder.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.