1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130414 plat.redimensionadoGaliza - PDMM - Máis alá dos servizos de alumeado público, saneamento e abastecemento de augas que quedarían afectados polo desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade dos que agora solicita información a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), por mediación da Axencia Galega de Infraestruturas ao Concello de Moaña, dende a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo temos que lembrar e denunciar que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do corredor realizada no 2001 e coa que a CMATI eximíu no 2012 de facer a correspondente e legal Avaliación de Impacto Ambiental (AIA)) do proxecto de desdobramento, incumpríu de xeito arbitrario e fraudulento as condicións estipuladas dentro do seu propio estudo informativo:


 

· Ao non desprazar cara ao Norte o punto kilométrico 100+800, na parroquia moañesa de Domaio, afectando cun túnel o castro e conxunto rupestre de Montealegre, catalogado Ben de Interese Cultural de Galicia (BIC), e que agora co desdobramento se proxecta outro novo túnel máis ao Sur, volvendo a incumprir a DIA e afectando unha vez máis a área de protección do xacemento.

· Ao non substituír o recheo por un viaduto en A Devesa, tamén en Domaio, co obxecto de protexer o conxunto etnográfico de muíños do rego da Freixa, e que agora co desdobramento tamén incumpre a DIA ao proxectar o novo vial cara ao Norte en novo recheo, afectando tamén de novo o citado conxunto etnográfico.

· Ao non construír un falso túnel no punto kilométrico 109+400, na zona moañesa de Broullón, para manter a permeabilidade transversal do val do rego do Inferno e minimizar o impacto visual e acústico, e que agora co desdobramento volve incumprir a DIA ao proxectar o novo vial cara ao Norte sen o citado falso túnel e a correspondente minimización de impacto.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tamén temos que denunciar que resultarían afectadas de xeito grave e irreversible as contornas naturais da Poza da Moura e as fervenzas do rego Miñouva cun novo viaduto, do alto de Outeiro do Aviador e o miradoiro dos Parientes cun novo recheo por enriba do Caeiro, e das profundas concas dos regos do Barranco do Faro e da Fraga coa contrución de novos e sendos viadutos de arredor dos 100 metros de altura.

A afección a maiores da área de protección da veintena de xacementos arqueolóxicos afectados pola propia construción do corredor entre castros, petróglifos, asentamentos e necrópolis, que abranguían varias fases dende o neolítico ata o medievo, parte deles destrozados ou desaparecidos.

A afección tamén a maiores de hábitats naturais de interese comunitario e mesmo prioritarios e fauna e flora endémica e vulnerable, en especial nas áreas de ribeira dos regos afectados , dos espazo naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro, e a proximidade do Lugar de Interese Comunitario (LIC) da Enseada de San Simón, con novos movementos de grandes cantidades de terras, aperturas de pistas e contaminación atmosférica, acústica e hídrica dende os montes ata a ría, sen esquecer a introdución de novas especies alóctonas e invasoras como pantalla vexetal na fixación dos taludes, tal e como xa sucedeu coa construción do propio corredor.

O trazado do desdobramento foi modificado nun 30% con respecto ao inicialmente deseñado, motivo engadido para a obriga de ter realizado a inexistente e legal Avaliación de Impacto Ambiental.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, denuncia que os 41,29 millóns de euros orzamentados para os 11,4 kilómetros proxectados inicialmente para o desdobramento poidan quedarse pequenos para tanta obra e tras os derrubamentos de taludes acontecidos hai pouco tempo.

A estratexia de licitar a obra en tres "subtramos" só busca favorecer os intereses privados das empresas adxudicatarias tras recoñecer a Xunta de Galicia que non posúe os fondos públicos necesarios para realizala.

A propia Xunta de Galicia está a incumprir os prazos de execución programados para o desdobramento no Plan MOVE, integrado ao mesmo tempo no faraónico e insustentable Plan Estratégico de Infraestructuras y Transporte (PEIT) a nivel estatal, onde o goberno central está a proceder ao rescate das autovías de peaxe de colaboración público-privada, dada a súa situación de quebra.

O auténtico fin do desdobramento foi e segue a ser dar unha conexión á urbanización do campo de golf de Domaio e das áreas de reparto e de convenio urbanístico contempladas na tramitación dos PXOM de Moaña, Cangas e Bueu, en especial preto da costa na ría de Aldán, dentro da espiral de especulación urbanística creada dende hai dúas décadas ao abeiro da burbulla inmobiliaria estatal malia a súa manifesta e demostrada insustentabilidade.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita o desdobramento do corredor e esixe que os orzamentos se destinen como alternativa á mellora, vertebración e humanización das estradas existentes, á potenciación do transporte colectivo e intermodal, carrís bici e a consecución de servizos sociais e sanitarios a nivel comarcal e local que fagan que a poboación reduza ou elimine a necesidade de desprazarse fóra da comarca no automóbil privado.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.