E esta decisom vai ter unha repercusión evidente na continuidade de ENCE na Ría, que podería ver prorrogada a súa concesión por 75 anos máis no 2018.
Definitivamente, fica clara a posición do PP verbo da permanencia da CELULOSA en Lourizán, unha posición que para a Asociación Pola Defesa da Ria era evidente pero que viña sendo negada sistematicamente pola Xunta de Galicia; en efecto, e co obxectivo de gañar apoio social na comarca de Pontevedra, desde o goberno galego veuse asegurando que, con modificación da Lei de Costas ou sen ela, impedirían a renovación da concesión de ENCE na Ría.
A fórmula adoptada agora polo PP permítelle seguir mantendo formalmente esta posición sen poñer en perigo os intereses de ENCE, cos que coincide em cheio; o governo galego poderia fazer un informe contrario á permanencia da pasteira en Lourizán e mesmo amosar o seu desacordo contra a decisión do goberno central e evitar assim ter que dar contas dumha suposta mudança de actitude ao respeito que podería supor a perda de apoio social na comarca.
Fronte a esta nova situaçom, só resta a loita social, umha luita que passa pola denúncia desta manobra do PP e que da APDR vamos potenciar, tanto pola via judicial como pola da mobilización social.
Foto: Frado76/Flickr - Alguns direitos reservados - ENCE em Ponte Vedra.