1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

manifestolugo2015Galiza - Diário Liberdade - As entidades sociais Cultura do País, O Carneiro Alado e o Mádia Leva! lembrárom o 97º aniversário da I Assembleia Nacionalista de Lugo, com umha convocatória conjunta para passado domingo dia 22 de novembro às 13:00 nas portas do Hotel Méndez Nuñez de Lugo.


As pessoas assistentes dêrom leitura a um comunicado conjunto em que se lembra o muito que ainda fica por conseguir daquelas reivindicaçons de fai quase 100 anos. Reproduzimos a seguir o texto que as entidades convocantes da homenagem assinárom conjuntamente:

assembleianacionalistaUn ano máis no nacionalismo e no independentismo de Lugo estamos de celebración. Un día coma hoxe, hai 97 anos, galegos precocupados pola dependencia colonial de Galiza e polo seu futuro, xuntábanse en Lugo organizados nas fileiras das Irmandades da Fala. E facianno aquí mesmo como nos lembra esta placa.

Pasaron 97 anos, mais o que reivindicaban naquel 1918 segue hoxe pendente, porque reclamaban entre outras cousas:

Umha autonomía integral e plena para Galiza, contemplando ata a separación do Reino de Espanha.

A personalidade xurídica das Parroquias, institución histórica de organización na nosa Terra.

O fin das Deputacións, froito artificial da división administrativa de Javier de Burgos (1833).

Cooficialidade do idioma galego

Igualdade de dereitos para a mulher, sobre todo no caso de emigración do marido.

Réxime tributario propio.

Ensino público e nacional galego.

Control das comunicacións, incluso do tráfico marítimo.

Nacionalización do ferrocarril.

Disolución do exército.

Xustiza galega e por funcionarios galegos.

Como vedes aínda fica moito sen facer.

Hoxe non só non milloraron as cousas senon que en moitos sentidos estamos aínda peor. Naquel comezo do s. XX, sen burguesía propia, cumha clase obreira pouco desenvolvida, cun sector primario (campo e pesca) moi precarizado e ailhado entre si, o Estado Espanhol non debeu considerar excesivamente perigoso ese movemento nacionalista.

Mais hoxe o cenario é distinto; temos un Reino Espanhol, herdeiro do franquismo, enfrontándose a varias crises; económica, política, institucional, de modelo de estado. A dereita, a espanhola e a galega e mesmo parte da esquerda espanhola revólvense contra as nacións sen estado que estamos no Estado Espanhol, negándonos ata o exercicio do Dereito de Autodeterminación. Con este panorama o Estado e o seu Goberno tenhen medo e atacan e se non hai inimigos, inventanos.

Cando os asinantes do Manifesto de Lugo en 1918 formulaban a expresión “autonomía integral” estaban a falar dunha realidade política moito máis ampla que a cativa autonomía que actualmente constrinxe a nosa capacidade de desenvolvernos como nación. Estaban a falar de soberanía, de capacidade de decidir nós propios sobre o noso futuro. Ben diferente é a realidade actual na que o Estado Español e a Unión Europea nos impiden ese dereito.

Nesta situación de dependencia, Galiza está a sufrir a destrución da súa economía, impedíndolle o desenvolvemento dos sectores produtivos básicos: o sector agrogandeiro, a pesca, a construción naval, etc. sofren ataques constantes para beneficiar intereses foráneos e do grande capital, como estamos vendo recentemente no sector leiteiro. Esas políticas foráneas converten o noso país nunha colonia, da que extraer materias pirmas e enerxía a baixo prezo e mandobra barata; condeando á mocidade á precariedade laboral ou a emigración e impedindo á clase operaria galega negociar convenios propios e organizarse de forma autónoma para defender os seus intereses. Destrúen o noso patrimonio natural por medio de industrias enclave e extractivas que non pechan o ciclo en Galiza e levan o beneficio para fóra.

As Irmandades eran Irmandades da Fala, xa para quen se implicaron naquel primeiro terzo do século pasado no nacionalismo o idioma e a cultura propia eran un elemento fundamental como expresión dun pobo, e traballaban pola súa dignificación e prestixio, por normalizar o seu uso en todos os eidos. Hoxe, mesmo coa teórica existencia de institucións que din cumprir esa función, o idioma galego está a sufrir un retroceso no seu uso pola aplicación de políticas que redundan na imposición do español. Facer unha vida 100% en galego, o que debería ser a normalidade neste país, segue a ser inviábel. 

O independentismo e o nacionalismo, somos herdeiros daquel movemento nacional das Irmandades de Fala, que se afirmou “de oxe por sempre nacionalistas galegos”, que uns anos despois tivo concreción na fundación no Partido Galeguista e que deu voz a Galiza para confrontar a visión centralista da Constitución da Segunda República Española. Todos eles/as, protagonistas e continuadores daquel manifesto que hoxe lembramos e que tedes nas maos. Igual que Castelao e Bóveda sufriron o desterro fóra do país naqueles anos da República por defender eses ideas e despois do golpe de Estado de 1936 moitos galeguistas foron asesinados, encadeados e perseguidos pola ditadura franquista até os últimos anos da súa existencia formal e aínda despois; o independentismo somos albo hoxe -umha outra vez- dos ataques e a represión do Estado monárquico e o seu goberno. 

Alén dos companheiros e companheiras prisioneiras nas cadeas espanholas -que hoxe están aquí connosco, nos nosos corazóns- temos umha ampla, por desgraza, listaxe de represaliadas e represaliados, numha represión que chaman de baixa intensidade, mais non por eso menos represora; detencións, comparecencias en xulgados e na Audiencia Nacional Espanhola, multas, presións para conseguir colaboracións traidoras... ata chegar a finais do mes pasado a nove violentas detencións de independentistas en todo o País e a suspensión dun partido político, constituido coa sua legalidade. Hai que salientar que esta suspensión de Causa Galiza é un feito sen precedentes na Galiza dende a aparición do que chaman Transición.

Con este panorama, hoxe, igual que hai 97 anos, temos que seguir a loitar por umha Galiza de seu, por umha patria liberada, por umha

Galiza independente, que teña voz propia e se relacione en pé de igualdade con todos os pobos do mundo. Temos o compromiso de mostrarmos a solidariedade cos companheiros e companheiras que sofren persecución de calquer xeito. Temos a obriga de superarmos as diferencias no seo deste movemento, de constituirmonos en Irmandade, de construirmos as ferramentas para rematar esta tarefa secular de dignificación e liberación da nosa Matria. Os nosos antepasados e nosas antepasadas na loita exíxennolo e nós debémosllelo.

VIVAN AS IRMANDADES DA FALA

VIVA GALIZA CEIBE

A Assembleia Nacionalista de Lugo

O ato, que se celebrou em 1918 entre os dias 17 e 18 de novembro, marcou a passagem do decadente regionalismo para o nacionalismo. No 'Manifesto Nacionalista' surgido daqueles dias, fala-se de que a Galiza possui "as caraterísticas essenciais de naçom" e de que, para a frente, se renuncia explicitamente ao regionalismo em favor de teses nacionalistas que reclamam "soberania completa" para "a naçom galega".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.