1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

compostelaGaliza - Mar de Lumes - Mentres os bombardeos en Gaza non cesan e as vítimas mortais ultrapasan xa as 160, e mentres Israel continúa anunciando ataques aéreos e, segundo todo indica, se prepara para a invasión terrestre da faixa de Gaza, a solidariedade continúa a crecer por toda Galiza.


Vigo, Ourense, Ferrol e Compostela viviron hoxe, 14 de xullo, senllas mobilizacións convocadas todas elas para as 20h00 por diversas organizacións sociais e de solidariedade, entre elas Mar de Lumes, BDS Galiza, Galiza por Palestina e a Asociación Galaico-Árabe Jenin.

En Compostela, a manifestación saiu da praza do Toural con arredor de 400 persoas, percorrendo varias rúas da cidade e voltando á praza para a leitura dun manifesto que se leu tamén no resto de cidades, e a información de novas actividades solidarias programadas. En Vigo, unhas 300 persoas ocuparon a farola da r/ Urzaiz baixo o lema "Solidariedade co pobo Palestino" e concertaron xa novas mobilizacións para a próxima semana. En Ourense, a afluencia de 150 persoas convertiu o que inicialmente había ser unha concentración na praza do Ferro nunha manifestación con consignas contra o imperialismo. Por último, en Ferrol, a concentración convocada na praza de Amada García baixo as mesmas premisas xuntou unhas 30 persoas.

En total, unha maré solidaria que quer rachar o bloqueo informativo e contraporse ao relato falsamente neutral dos grandes medios, espallando a idea de que as agresións de Israel sobre a Palestina non fan parte de guerratop  ningunha, senón dun xenocidio lento que dura xa 66 anos. A continuación, o manifesto lido nesta xornada solidaria.

Stop xenocidio en Palestina

A faixa de Gaza é un estreito territorio de 40 km. de lonxitude e 6 a 12 de largura, onde residen 1,7 millóns de persoas. É, a todos os efectos, un campo de concentración administrado polo rexime sionista de Israel, onde as persoas non teñen permitida a liberdade de movementos e son sometidas a unha situación de pobreza imposta desde o exterior.

Desde que desapareceran 3 adolescentes israelitas que posteriormente foron encontrados mortos (un crime que o estado sionista se nega a esclarecer), a poboación palestina sofre un cruel castigo colectivo programado moito antes do asesinato dos tres colonos hebreus:

  • Vítima en Cisxordania de detencións masivas, batidas policiais, secuestro, tortura e asasinatos – entre eles 15 de adolecentes.
  • Vítima en Gaza do continuo ataque aéreo que provoca decenas de mortes (… crianzas), a destrución de casas e infraestruturas penosamente reconstruídas, a contaminación da terra e a auga,…
  • Vítimas no interior do estado de Israel de raids xenófobos organizados por fundamentalistas hebreus que actúan alentados pola indiferenza da cidadania e a complicidade das autoridades.
  • Os medios internacionais de comunicación, en mans de oligarquías pró-sionistas, apresentan o masacre como un escenario bélico. Mais nen Gaza nen o conxunto da Palestina posúe exército, mariña nen forza aérea, mentres que Israel, armado polos Estados Unidos e con axuda da Unión Europea, é hoxe a cuarta potencia militar mundial.

     

    Marxe Protectora chama o estado de Israel a esta operación de castigo colectivo e limpeza étnica para a que xa foron convocados 40.000 reservistas en medio a unha onda de exaltación sionista. Un crime de lesa humanidade que pola intención supremacista e despiadada, a mortífera capacidade bélica, a cobiza expansionista e as potenciais consecuencias, trae á memoria aqueles raids nazis e aquela reclamación de fronteiras seguras e espazo vital para a superior raza aria que, coa indiferenza cómplice de amplos sectores cidadáns e numerosos países ocidentais, converteron a Alemaña de 1933 no estado canalla e xenocida que provocou unha das piores catástrofes históricas.

    Desde Galiza non podemos permanecer impasíbeis diante deste novo crime. Non se trata só dun problema ético. Trátase tamén dun delito à luz de todos os conceitos do dereito internacional. A situación da nosa nación aproxímanos necesariamente máis á dor da Palestina e a necesidade de os pobos poderen exercer a súa autodeterminación, posuíren un territorio que non sexa constantemente violado e se desenvolveren economicamente en función dos seus proprios intereses colectivos e non en base a intereses alleos de carácter imperialista. É por todo isto que facemos un chamado á solidariedade activa e a apoiar a campaña internacional de boicote, desinvestimentos e sancións contra Israel.

    Non aos bombardeos sionistas contra Gaza
    Non á ocupación criminal da Palestina
    Liberdade para os Povos!
    Palestina Vencerá!


    Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

    Microdoaçom de 3 euro:

    Doaçom de valor livre:

    Última hora

    Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

    Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

    Desenhado por Eledian Technology

    Aviso

    Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

    Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

    Clique em uma das opções abaixo.