1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (11 Votos)

aminhaGaliza - Diário Liberdade - Tal como informámos na passada quarta-feira, o encontro inédito da prática totalidade de organizaçons políticas da esquerda atuante na Galiza tivo continuidade ontem, dia 5, na tentativa estéril de atingir um acordo de mínimos que permitisse umha mobilizaçom galega contra a monarquia e pola ruptura democrática.


Segundo as informaçons a que o Diário Liberdade tivo acesso, Izquierda Unida mantivo ao longo das duas reunions, nos dias 4 e 6 de junho, posiçons de aberta intransigência perante a eventual convocatória de mobilizaçons unitárias centradas numha agenda reivindicativa galega. O submetimento ao centralismo madrileno evitou qualquer margem de manobra que permitisse umha confluência sob umha tabela de mínimos.

Porém, nom foi só Izquierda Unida que se desmarcou. Também Anova, representada polo seu principal dirigente, Xosé Manuel Beiras, optou por se dobrar aos planos da esquerda "alternativa" espanhola, descartando umha mobilizaçom própria para este fim de semana na Galiza, proposta por BNG e assumido por NÓS-UP, Causa Galiza, CxG, PCPG e Espaço Eco-Socialista.

A seguir reproduzimos a proposta soberanista para um manifesto galego, rejeitado polos representantes do PCE-IU que, com o apoio de Anova, defendêrom a retirada da referência central à Galiza e ao direito de autodeterminaçom.

Este é o manifesto de mínimos que, finalmente, nom pudo ser aprovado nas reunions decorridas nesta mesma semana em Compostela:

Galiza pola República e o dereito das nacións a decidir

Pola ruptura democrática e un proceso constituínte na Galiza

Estamos a vivir un momento político decisivo. A abdicación do Borbón é ao tempo manifestación evidente da crise do sistema político español e intento de garantir a supervivencia da monarquía como referente simbólico dun rexime hoxe caduco e esgotado, herdado dunha chamada Transición democrática que non supuxo ruptura co franquismo e que negou sistematicamente o dereito das nacións que conforman o Estado español a decidiren libremente o seu futuro.

Para alén de encabezar un rexime en descomposición, a monarquía e o Borbón simbolizaron perfectamente o carácter arcaico, antidemocrático e corrupto do sistema político español. Un sistema posto ao servizo da oligarquía española, que controla os sectores oligopólicos e os centros de poder do estado, que ven reforzando as desigualdades sociais e territoriais, condenando a gran parte da poboación á precariedade e á miseria. Un sistema que é responsábel polas graves políticas antisociais que padecemos, polo desmantelamento dos nosos sectores produtivos, a privatización dos servizos públicos, a precarización das condicións laborais, o desmantelamento e control foráneo do noso sistema financeiro, o roubo de salarios e aforros, os desafiuzamentos masivos, a discriminación da nosa lingua, a emigración da nosa mocidade... Que é responsábel, en definitiva, por cercear a oportunidade de termos na Galiza un presente con xustiza social, benestar e liberdade.

Mais non queremos perder o futuro. Neste contexto, as forzas políticas e sociais galegas, xulgamos que estamos na hora de mudar este estado de cousas. É o momento de máis democracia e superación das eivas herdadas do pasado. A abdicación do Borbón abre a posibilidade de proceder a unha verdadeira ruptura democrática e a un proceso constituínte en Galiza que permita, no mínimo, camiñar para un Estado que baixo a forma republicana recoñeza enteiramente o seu carácter plurinacional, pluricultural e plurilingüístico e o dereito das nacións á autodeterminación. É o momento de abrir as portas a unha democracia avanzada, avanzar nos dereitos da xente e nos dereitos dos pobos. O que para nós significa recoñecer o dereito da Galiza a decidir libremente o seu futuro.

Baixo estas premisas, que entendemos básicas para podermos construír unha sociedade galega diferente, próspera, xusta e libre, apelamos ao pobo galego a saír á rúa e a se manifestar con decisión en defensa da República e do dereito da Galiza a decidir.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.