1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

fotocineclubeGaliza - Cineclube Compostela - O Cineclube de Compostela inicia este mércores 1 de outubro unha nova tempada, trás o descanso das ferias de verán.


 

Foto - Cineclube Compostela

A sesión escollida para iniciar a programación regular desta 2014-2015 estará formada por catro curtametraxes e mediometraxes de Pier Paolo Pasolini, extraídas de filmes colectivos  nos que participou o director italiano: O requeixo (La ricotta, Italia / Francia, 1963), A Terra vista dende a Lúa (La Terra vista dalla Luna, Italia / Francia, 1967), Que son as nubes? (Che cosa sono le nuvole?,  Italia, 1968) e A secuencia da flor de papel (La sequenza del fiori di carta,  Italia / Francia, 1969). A sesión terá lugar, como en tempadas anteriores, no CS O Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.

O requeixo recolle a posta en escena na campaña romana da paixón de Cristo dirixida por un alter ego de Pasolini interpretado por Orson Welles. A realización desta curtametraxe, realizada para o filme colectivo Ro.Go.Pa.G (no que participan tamén Rossellini, Godard e Ugo Gregoretti)homenaxea o cinema mudo, especialmente coa aceleración das imaxes que remite a certas curtametraxes de Chaplin. Considerada unha das cumes da crítica social de Pasolini, o filme mostra unha sociedade enferma, preocupada pola beleza exterior máis corrupta por dentro, e foi secuestrado por “vilipendio á relixión do estado”.

En 1966, Dino De Laurentis propone a Pasolini participar cun episodio no filme As bruxas, que está a producir con Luchino Visconti, Francesco Rosi, Vittorio De Sica e Mauro Bolognini. O director decide adaptar o seu relato inédito Il buro e la bura e recorrer a Totò e Ninetto Davoli, os protagonistas de Paxariños e paxarracos (1966) para filmar a historia de um pai e un fillo que tras perder a súa dona e nai inician unha busca dun novo referente feminino que a substitúa. Rodada sen guión, apenas cun storyboardA Terra vista dende a Lúa reflicte, desde a forma dunha fábula surrealista, o grotesco e falso da vida.

Que son as nubes?, episodio do filme Capricho á italiana (con outros episodios dirixidos por Mauro Bolognini, Mario Monicelli, Steno, Pino Zac e Franco Rossi) recolle unha representación de Otelo con marionetas, interpretadas por actores reais. Os monicreques interpretan os papeis shakespearianos, mais detrás do escenario pregúntanse por que fan o que fan. Utilizando o recurso da “representación dentro da representación”, Pasolini fai aquí unha reflexión especialmente amarga e sobre as relacións entre o ser e as apariencias e entre a vida e a morte.

Finalmente, a última e máis curta das pezas que veremos nesta sesión é A secuencia da flor de papel, realizada para o filme colectivoAmor e rabia, no que tamén participaron Godard, Bertolucci, Marco Bellocchio e Carlo Lizzani. Esta peza tenta representar cinematograficamente o tema de Edipo Rei: a culpabilidade da inocencia.  O protagonista, Ninetto Davoli, percorre as rúas de Roma ignorando a crueza e a inxustiza do seu tempo.

Nado en Boloña en 1922, Pier Paolo Pasolini é ben coñecido como escritor e como director de cinema.  Comezou a escribir poemas con sete anos, e publicou por primeira vez con 19, mentres estudaba na Universidade de Bologna. Recrutado durante a Segunda Guerra Mundial, foi capturado por alemáns, e logo da guerra se incorporou ao Partido Comunista Italiano, do que sería expulsado dous anos despois pola súa aberta homosexualidade.

A súa obra literaria, con títulos como As cinzas de Gramsci ou Escritos Corsario polemiza co marxismo oficial e o catolicismo, ós que chamaba "as dúas igrexas" e aos que reprochaba non entenderen a cultura das súas propias bases proletarias e campesiñas.  Como director creou unha especie de segundo neorrealismo explorando os aspectos da vida cotiá, no que destacan filmes como Mamma RomaEnquisa sobre o amor ou Saló ou os 120 días de Sodoma. En 1975 foi asasinado en Roma.

A cuarta feira que ven, 8 de outubro, o Cineclube de Compostela continuará coa súa programación coa proxección de Quen es, Polly Magoo? (Qui êtes-vous, Polly Magoo, Francia, 1966), un filme satírico do director William Klein que ironiza sobre o mundo da alta costura e os seus excesos.

Os filmes será proxectado en versión orixinal con subtítulos en galego. A entrada é de balde, e pódese adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube. O Cineclube tenta ser unha asociación autoxestionada, polo que para manter o noso funcionamento, propoñemos unha achega económica persoal, cunha cota mensual de 5 euros para traballadoras e de 3 para estudantes e paradas.

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS

OUTUBRO 2014

Mércores 1 de outubro ás 21:30 no Pichel

O requeixo
(La ricotta, Pier Paolo Pasolini, Italia / Francia, 1963, 34', VOSG)

A Terra vista dende a Lúa
(
La Terra vista dalla Luna, Pier Paolo Pasolini, Italia / Francia, 1967, 30', VOSG)

Que son as nubes?
(Che cosa sono le nuvole?,  Pier Paolo Pasolini, Italia, 1968, 20', VOSG)

A secuencia da flor de papel 
(La sequenza del fiori di carta, Pier Paolo Pasolini, Italia / Francia, 1969, 10', VOSG)

Mércores 8 de outubro ás 21:30 no Pichel

Quen es, Polly Magoo?
(Qui êtes-vous, Polly Magoo, William Klein, Francia, 1966, 102', VOSG)

Mércores 15 de outubro ás 21:30 no Pichel

A rapaza non pode evitalo
(The Girl can't Help It, Frank Tashlin, EUA, 1956, 99', VOSG)

Mércores 22 de outubro ás 21:30 no Pichel

Marilyn cinco veces
(
Marilyn Times Five, Bruce Conner, EUA, 1973, 14', VO)

Superstar: A historia de Karen Carpenter
(Superstar: The Karen Carpenter Story, Todd Haynes, EUA, 1988, 43', VOSG)

Mércores 29 de outubro ás 21:30 no Pichel

Eu, un home
(I, a Man, Andy Warhol, EUA, 1967, 93', VOSG)
Presentación de A mirada inqueda: As películas de Andy Warhol (2ª parte). Coa presenza de Alberte Pagán.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.