1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040414 reaberturaGaliza - CSA do Sar - Onte 3 de abril dende as 18h na Algalia de Arriba 11, abre un novo espazo liberado en Compostela! deixámosvos a programación de hoxe e mais o comunicado d@s compañeir@s sobre o novo espazo cultural libre:


Horario do día 3:

18:30 -Asamblea aberta: debate sobre a necesidade de espazos abertos para todas
20:30 -"A rebeldía do corpo, a rebeldía da @" palestra impartida por Teresa Moure.
22:30 – Ceador vegano e foliada

"Que queremos facer?

Desde o ano 2011 o antigo local da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos sito na Rua da Algalia de Riba 11 permaneceu fechado. Un grupo de persoas da cidade decidimos reabrir este espazo para o enchermos de vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada. Para reabrirmos, non contamos só con razóns culturais do noso lado, hai moitas outras. Esta acción non deixa de ser unha protesta contra a as elites sociais: políticos corruptos, construtores e grandes empresarios que mandan máis que estes últimos, unha policía que os defende a todos e unha xustiza que os ampara.

Contra quen?

Nos últimos tempos, a cultura en Compostela está a se tornar nun privilexio das elites. A nosa sociedade está a experimentar unha crecente división entre persoas privilexiadas e escravas. Mentres as primeiras desfrutan dunha pomposa cultura elitista, ás segundas élles negado o dereito ao lecer: "ti és unha escrava, non se che perde nada no teatro, no cinema ou escoitando música, pasa a traballar!". Mentres tiran os cartos en mausoleos como a Cidade da Cultura, nós queremos traer cultura á cidade; cultura libre e para todas. Para alén disto, vimos de sofrer o último gople contra as actuacións ao vivo nesta cidade, coas última normativa municipal que prohibiu todas as actuacións nos bares da zona vella. Queremos que os nosos pallasos sexan artistas, e non políticos empoleirados no Concello. Que non especulen coas nosas vidas: nin Pokémons, nin Currás nin Condes Drogas.

Para quen?

Este é un proxecto para todas: para as desafiuzadas, para as que non chegan a fin de mes, para quen non pode pagar os estudos, para as paradas, para as precarias, para quen non pode pagar os medicamentos, para quen vai ficar sen sanidade, para quen deixa a pel en fronteiras absurdas, para quen ten que abortar clandestinamente, para quen padece o abuso machista, para as explotadas sexualmente, para quen sofre a homofobia, para os excluídos e os marxinados, para todas as que somos como o poder non quer que sexamos.

Molestámoslles porque non somos como queren que sexamos."

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.