1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

liberdadenomnegociavelGaliza - Clubeda Lingua - O Equipo de Normalización do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces organiza un concurso de fotografías de tattoos.


Aqui pódense ver algúns das fotos de tattoos participantes: https://www.facebook.com/clubeda.lingua

O obxectivo é visibilizar a nosa lingua e a nosa identidade a formaren parte da cultura do tattoo, unha forma de expresión moderna, creativa e comunicativa.

Desde hai varias décadas a tatuaxe gañou sona como expresión artística. Moitas galerías de arte contemporánea expoñen fotos e deseños de tatuaxes. E son moitos os libros e exposicións a nivel mundial que se interesan por este tema.

A utilidade das tatuaxes é diversa ao longo da historia: identidade, cosmética, relixión ou feiticería...

Este concurso non ten como finalidade que a xente se tatúe. Cada quen que faga co seu corpo o que desexe, tendo sempre en conta as indicacións sanitarias e o ben da saúde.

"A nós o que nos interesa é coñecer, nun proceso de participación en rede social, as tatuaxes que a xente leva tatuadas no seu corpo. Temos moita curiosidade!

A nós, na Galiza do século XXI, interésanos coñecer as tatuaxes da xente que dediciu gravar na sua pel palabras da nosa língua ou motivos gráficos da nosa cultura.

Participa, forma parte, queremos facer algo grande entre moita xente: un album de fotos dos nosos tattoos!

Dirixímonos especialmente a outros Equipos de Normalización dos Institutos da Galiza: Compar, participade!"

Neste concurso hai dúas categorías:

1. Palabras tatuadas. Envíanos unha ou máis fotos dunha tatuaxe con algunha palabra escrita en galego, en calquera norma. A foto ten que ser orixinal.

2. Galiza, a flor de pel : Envíanos unha ou máis fotos dunha tatuaxe de temática galega, con iconografía ou simboloxía made in Galiza.

Co material recibido farán unha exposición no instituto (que despois cederán para que rule por outros centros de ensino, asociacións, locais sociais, etc) e editarán unha pequena publicación na rede (e se teñen cartos, tamén en papel) con distribución en copyceive / creative commons.

Condicións:

As tatuaxes teñem que ser permanentes.

O premio recibirao a autora ou autor da foto. Non é necesário que a persoa tatuada se identifique, aínda que se o fai seria moi interesante.

Premios: Haberá tres premios para os tres tattoos que mais molen en cada categoría. Os premios consistirán nun lote de libros e Cds editados polo Clube da Lingua e diplomas acreditativos.

Prazo: Do 7 de outubro ao 7 de novembro de 2014.

As fotos enviaranse ao correo electrónico clubedalingua@gmail.com ou ao facebook do Clube da Lingua, (Clubeda Lingua) por mensagem privada, achegando os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, etc) da persoa autora da(s) foto(s).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.