1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

200914 emitindoGaliza - CNT - Esta Sección Sindical apresentou un escrito denunciando, o que consideramos, supón un incumprimento das obligacións que ten a CRTVE como prestadora do servizo público que lle encomenda, entre outras, a Lei 17/2006, do 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal, no que se refire ao uso, defesa e promoción do galego e das demais linguas cooficiais de Espanha.


 

A continuación reproducimos parte do seu articulado:

Artigo 3. Encomenda do servizo público de radio e televisión. e) Promover a cohesión territorial, a pluralidade e a diversidad lingüística e cultural de España. g) Editar e difundir canles radiofónicos e de televisión de cobertura internacional que coadyuven á proxección cara ao exterior das linguas e culturas españolas e á adecuada atención aos cidadáns españois residentes ou desprazados no estranxeiro.

Artigo 7. Estrutura da Corporación RTVE. 4. A Corporación RTVE contará coa estrutura territorial necesaria para atender a adecuada prestación das súas funcións de servizo público, prover de contidos rexionalizados á realidade estatal, contribuír ao desenvolvemento da cohesión interterritorial, atendendo o feito insular e as condicións de rexións ultraperiféricas. As desconexións faranse na lingua propia das CC.AA.

Artigo 28. Pluralismo e dereito de acceso. 1. A Corporación RTVE asegurará na súa programación a expresión da pluralidade social, ideolóxica, política e cultural da sociedade española.

Dende fai xa demasiado tempo comprobamos como se insta en demasiadas ocasións ás persoas que aportan o seu testemuño a que o fagan en castelán, despois de que a súa primeira intervención (a que escolleron libremente, sen que ninguén llo pedira) sexa en Galego. Ás veces, asi cónstanos, insistindo aínda despois de que a persoa diga que lle custa expresarse en Castelán.

Non entendemos porque non se usan subtítulos, que sería o máis correcto; como se recolle no manual de estilo:

Artigo VIN, A Linguaxe en RTVE.

6.5.8.9. Nomes e Topónimos.

Subtítulos e doblaxe

Cando unha persoa invitada a participar nunha información ou un programa utiliza un idioma español que non sexa o castelán hai que garantir que a audiencia entende as súas palabras pero débeselle permitir escoitar algo da versión orixinal porque o modo de expresarse e as modulaciones da voz son parte da mensaxe e da personalidade do que fala. O máis respetuoso é o subtitulado que permite escoitar o orixinal e enten¬der o seu significado. Na radio é preciso que sexa audible a versión orixinal ao comezo e ao final da frase seleccionada aínda que se dobre a totalidade. No caso dos idiomas estranxeiros as intervencións ofreceranse dobradas ao castelán

Tamén queremos facer incapié no feito de que, tal vez, a única opción que ten unha persoa de oir/ver un testemuño en lingua galega e que non sexa residente en Galiza é polos testemuños que a través de RTVE emítanse en Galego para todo o territorio, subtitulando ao Castelán. Esta sería a forma máis correcta de dar cumprimento ás obrigacións antes mencionadas. Por todo isto solicitamos ao Consello de Informativos de TVE, si asi considéra tendo en conta nosa argumentación, que inste ás persoas responsables a que cumpran co cometido que outorga a lexislación vixente a RTVE en canto ao uso das linguas cooficiales nas distintas CCAA, xa que pola contra estaríase vulnerando a liberdade das persoas que nun primeiro momento deciden usar unha lingua e "pídeselles" que o fagan noutra, estaríase manipulando ao non reflectir a realidade lingüística dun Territorio, ás veces ata se escolle un total por estar en Castelán, e por non reflectir de forma correcta a riqueza lingüística e xa que logo cultural de España.

Agardamos que o Consello se pronuncie sobre este aspecto, do que cal vos teremos informados/as.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.