1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

310314 alunos-e-professoresGaliza - Estudantes da ESCRBCG - Expresamos o noso pesar pola dimisión á que este se viu obrigado por non ter conseguido os obxectivos polos que loitamos unidos, que se debe ao impedimento, negación, ignorancia e desidia dos máis altos cargos da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria.


Comunicado da Asemblea de Estudantes da Escola Superior de Conservación e Restauración fronte à demisión do equipo directivo

O alumnado da ESCRBCG posiciónase fronte á dimisión da directiva dada a coñecer nos últimos días:

-Expresamos o noso pesar pola dimisión á que este se viu obrigado por non ter conseguido os obxectivos polos que loitamos unidos, que se debe ao impedimento, negación, ignorancia e desidia dos máis altos cargos da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria.

-Responsabilizamos a Xunta de Galicia de impedir que o traballo construtivo do equipo directivo da ESCRBCG, respaldado por toda a comunidade educativa, poda ser logrado. A pesar de todo, mantémonos nunha loita unánime pola nosa titulación, dado que os principais afectados somos nós e nós, máis que ninguén, debemos pelexar polo Grao en Conservación.

-Rexeitamos as esmolas gobernamentais que nos cualifican como "equivalentes" a graduados universitarios porque é evidente, coa lectura das leis que regulan os nosos estudos, que as chamadas Ensinanzas Artísticas Superiores non teñen homologación real no espazo europeo de ensino superior. Seguimos á marxe da normalidade, igual que nos últimos 30 anos.

-Esiximos que se solucione a nosa situación: a única vía posible para garantir a supervivencia da ESCRBCG é a adscrición á universidade. Isto asegura o recoñecemento da profesión e participar no mercado laboral en igualdade de oportunidades con outros titulados de diferente formación.

-Recentemente tivemos noticia da contratación de dous restauradores con título de Licenciatura en Belas Artes para ocupar dous postos da Dirección Xeral de Patrimonio. Nunha situación de normalidade, as persoas que deberían optar a ditos postos terían que ser preferentemente formados en Galicia, onde xa existe un centro, dependente da Consellería de Cultura, que imparte estas ensinanzas "equivalentes". Incomprensiblemente, non se consideraron titulados por esta Escola Superior.

-Por último, agradecemos a implicación persoal e profesional do equipo directivo dimitido, así como do consello escolar, que se encontra dende fai meses na mesma situación. Aceptamos a súa decisión porque nos parece coherente. Apoiámolos completamente e estamos infinitamente agradecidos polo seu labor. Confiamos en que, algún día, políticos eficientes e con visión de país concederán aos conservadores-restauradores de bens culturais o recoñecemento académico e profesional que levamos anos reclamando.

-Seguimos á espera de que o goberno galego se interese pola nosa situación e comprenda que o mellor xeito de posicionarse activamente a prol do patrimonio galego e da nosa riqueza cultural comeza por apoiar os profesionais formados con especialización e rigor científico nesta comunidade autónoma.

Pontevedra, 27 de marzo de 2014.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.