Foto PGDA
Asi mesmo, a Plataforma quere destacar o esforzó e traballo desenvolvido polo movemento feminista galego na loita contra a violencia de xénero nestes momentos nos que, ademais, os dereitos e liberdades das mulleres no seu conxunto están sendo atacados, vulnerados e cercenados por un Partido Popular tremendamente machista e retrógado.
De feito, xa tivemos ocasión de constatar a súa ideoloxía ultraconservadora coa pretendida contrarreforma da Lei do Aborto que finalmente as mulleres logramos parar – e mesmo fixemos historia conseguindo a dimisión do ministro Gallardón-, e na actualidade seguimos en alerta porque a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE de 2010 está recorrida polo PP e pendente de resolución no Tribunal Constitucional e, a maiores, o Goberno do Estado xa anunciou que vai deixar ás mozas de 16 e 17 anos fóra desta norma que garante o dereito ao aborto cunha modificación da Lei que pretende aprobar antes de que remate este ano.
Polo tanto, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto seguirá coa mesma intensidade que ata o de agora nesta loita e respaldará todas aquelas reivindicacións que teñan como obxectivo a defensa dos dereitos e liberdades das mulleres, como é o caso do 25 de novembro, unha data especialmente importante polo que se reivindica.