1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

210814 sergas vigoGaliza - CIG - Profesionais da sanidade, sindicatos e feministas protestan no Xeral contra a discriminación laboral do Sergas ás grávidas.


Denuncian que unha celadora do hospital vigués foi declarada "non apta" e non lle deixaron asinar o contrato

Profesionais da sanidade, organizacións sindicais e colectivos feministas levaron a cabo hoxe unha protesta diante do hospital Xeral de Vigo para denunciar a discriminación laboral do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ás mulleres embarazadas despois de que unha celadora foi declarada "non apta" pola unidade de prevención de riscos e non lle deixaron asinar o contrato.

A protesta, convocada pola CIG, CCOO, UGT e a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, desenvolveuse de 11.00 a 11.30 horas ás portas de Urxencias do centro médico vigués, onde se berraron consignas contra a decisión do Sergas e a favor do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo. Ao remate da concentración deuse lectura ao seguinte comunicado:

Este verán nas contratacións do hospital Xeral aconteceu un feito moi grave. A unha celadora embarazada non lle deixaron asinar o contrato tras o informe da unidade de prevención de riscos laborais (UPRL) declarándoa non apta, cando o procedemento a seguir seria adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade. Trátase de protexelas e non de mandalas para a casa negándolles o dereito a un posto de traballo.

Estar embarazada non é estar enferma, e tense todo o dereito a un posto de traballo, o contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista vulnerando un dereito fundamental.

Dende o poder, dende os que gobernan a economía e pretenden gobernar as nosas vidas, decidiron que o modelo de igualdade de mulleres e homes, o modelo da independencia e da autonomía das mulleres non é rendíbel para os seus intereses, e pretenden impor un modelo tradicional, no que as mulleres asuman o rol familiar e os homes sustentadores o de 'cabeza de familia'. Un acordo da dereita política e económica que vai, por suposto, da man da Conferencia Episcopal sempre esperando a súa oportunidade para esmagar vidas e liberdades.

Neste modelo vai afondando o Partido Popular, no Estado español e na Galiza, con cada norma, con cada reforma, con cada recorte, cada vez que un dos seus fala libremente para amosar "a súa superioridade intelectual fronte a unha muller". Así son e así se manifestan.

Queren que volvamos a ter a consideración de mulleres coidadoras, pechadas na casa, incapaces de decidir, mulleres dependentes e necesitadas esperando a que nos digan o que podemos ou non podemos facer. Mais hoxe, as mulleres traballadoras, as mulleres que enfrontamos as nosas vidas, con toda a enerxía e coraxe, non estamos dispostas a dar ningún paso atrás na conquista dos nosos dereitos.

Por iso dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto e dende os sindicatos CIG, CCOO e UGT facemos un chamamento a denunciar enerxicamente o feito de negarlle a unha muller no Sergas o dereito a un posto de traballo por estar embarazada, pois sentaría un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito ao traballo que non estamos dispostas/os a tolerar.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.