1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto: AGIRGaliza - Sermos Galiza - Máis de un cento de universitarios receberon o presidente con berros contra a privatización do ensino ou "fóra fascistas da USC". O reitor lamentou o que cualificou de "incidentes".


Varias ducias de estudantes concentráronse desde primeira hora da tarde ás portas da Facultade de Matemáticas da Universidade de Compostela (USC), lugar onde ía decorrer a Conferencia de Matemáticas de España que ía ser inaugurada por Núñez Feijóo. Con cartaces e lemas contra os recortes na educación ou contra a presenza do presidente galego este cento de persoas mostrou o seu rexeitamento á asistencia de Feijóo.

O presidente autonómico e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, ficaron no exterior da facultade, optando finalmente por marchar sen inaugurar o curso. A decana de Matemáticas, Victoria Otero, convidou as persoas que protagonizaron a protesta a que explicasen os motivos da mesma e a súa actitude, segundo recolle La Voz de Galicia. As e os estudantes leron un escrito, subscrito por unha 'asemblea de estudantes' e na que se criticaba a LOMCE e os cortes.

Juan Viaño, reitor da USC, lamentou os "incidentes", sinalando que "non os esperaba". Xa sen a presenza de Núñez Feijóo, a Conferencia de Matemáticas decorreu con normalidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.