1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

300613 venVenezuela - Mar de Lumes - Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista celebramos unha palestra co compañeiro Gonzalo Gómez Freire, integrante da corrente Marea Socialista do PSUV e un dos fundadores do portal de información aporrea.org, referencial no mundo inteiro en canto á información e o debate sobre a Revolución Bolivariana.


Gonzalo Gómez falounos da situación que vive a República Bolivariana de Venezuela, dos logros da revolución e dos seus retos de futuro após o falecemento do Comandante Hugo Chávez, as eleccións do 14 de abril e as novas maniobras golpistas por parte da dereita. Ficou claro que "o socialismo non se decreta" e que "non chega con mudar os nomes", senón que se trata dun proceso de construción que pode ter algunhas contradicións, mais onde o horizonte está perfeitamente definido, e no que a participación e a mobilización popular ten que ser o principal catalizador. Aínda, o compañeiro do PSUV avanzou algunhas das futuras políticas do goberno do Presidente Maduro, saídas do documento Golpe de Timón, elaborado polo comandante Chávez e o seu consello de Estado.

Unha palestra interesantísima que congregou máis de trinta persoas, entre as que estaba a cónsul xeral de Venezuela, Mónica Chacín, demostrando que a solidariedade coa república bolivariana e co seu proceso continúa forte malia os embates interesados dos medios de comunicación do imperialismo capitalista.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.